Skip to Content

Eventos

Venres Abril 10, 2015
Start: 10/04/2015 11:20
End: 10/04/2015 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla da Alta Escola Superior de Hostalería de Galicia
 

Día:         10 de abril
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       11:20-11:50
Lugar:      Salón de Actos
Para:        Calquera interesado

 

Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos aos estudos que se imparten nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.

O CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia) é un centro de ensino universitario en Santiago de Compostela que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña.

Máis información Web concurso

Sábado Abril 11, 2015
Start: 08/04/2015 22:45
End: 11/04/2015 22:00
n/d
Martes Abril 14, 2015
Venres Abril 17, 2015
Start: 17/04/2015 17:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: "Concurso Jóvenes Talentos"
 

Día:         17 de abril
Hora:       17:00
Lugar:      IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Para:        Clasificados de 2º ESO

Un curso máis, e xa van 55 edicións, en Coca-Cola seguen apostando polo uso da escritura creativa e a creación dunha canteira de novos escritores grazas ao 'Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos - PREMIO DE RELATO CORTO', no que cada ano se ven as caras máis de 10.000 chic@s de 2º curso de E.S.O. de institutos de toda España.

Do noso centro están seleccionados para a Proba Final do Concurso:

- Durán Abelleira, Andrea
- López Saavedra, Andrea
- Maseda Piñeiro, Iria
- Rodríguez Braña, Francisco

Queremos agradecerlles a participación aos catro  e desexarlles moita sorte na redacción do seu relato na proba final, a celebrar o venres 17 de abril.

Así mesmo resaltar a colaboración da profesora de Lingua Castelá, Mª Luisa Cadenas, por guiar e animar ao seu alumnado a participar.

 

Luns Abril 20, 2015
Start: 20/04/2015 00:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro SEXUALIDADE
 Cruz vermella

Días:        Consultar horario
Hora:       Consultar horario
Lugar:      Na aula
Para:        3ESO-A, 3ESO-B e 3ºPDC

 

Cruz Vermella Xuventude leva varios anos desenvolvendo o Programa de Educación Para a Saúde. Está dirixido aos rapaces co obxectivo de impulsar estilos de vida saudables e reforzar actitudes positivas fronte aos riscos para a saúde, trasladando aos mozos/as e dende os propios mozos/as información sobre determinadas temáticas de interese para este colectivo: a sexualidade, prevención de VIH/Sida, ITS (infeccións de transmisión sexual), embarazos non desexados... VIH - SidaEstas actividades son de formación, divulgación e sensibilización, de carácter preventivo

Estarán acompañados polo profesor-titor correspondente.

HorarioHORARIO ABRIL-MAIO

 Luns, 20 abrilLuns, 27 abrilLuns,4 maioLuns, 11 maioLuns, 18 maio
13:30 a 14:203º ESO  A/B3º ESO  A/B  3º ESO  A/B 3º ESO  A/B 
18:00 a 18:503º PDC3º PDC   3º PDC 3º PDC
Venres Abril 24, 2015
Start: 24/04/2015 11:00
End: 24/04/2015 14:00
n/d
Martes Maio 05, 2015
Start: 05/05/2015 09:40
End: 05/05/2015 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: KTORCE 18 Programa de prevención de condutas infractoras
 

Día:         5 de maio
Organiza: Dpto. Orientación
Hora:       09:40-11:20 (3º)
               11:50-13:30 (2º)
Lugar:      Salón de actos

KTORCE 18 é un programa de prevención de condutas infractoras, posto en marcha pola Asociación ARELA e conta este curso coa colaboración da Fundación Barrié.
 
Mediante unha charla divulgativa (de 75') informarán aos rapaces acerca da Lei 5/2000 (Lei do Menor), reguladora da responsabilidade penal dos menores.  Cun claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, e que tratan de explicar as consecuencias legais das mesmas, dende o punto de vista punitivo e como forma de mellorar a convivencia nas aulas.


Máis información

 

Mércores Maio 06, 2015
Start: 06/05/2015 10:30
End: 06/05/2015 13:30
n/d
Venres Maio 08, 2015
Start: 08/05/2015 11:50
End: 08/05/2015 14:20
n/d
Distribuir contido


by Dr. Radut