Skip to Content

CONCERTO DIDÁCTICO DO CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI”

14/04/2015 11:50
14/04/2015 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: RESONANCIAS EN MOVEMENTO

Día:     14 de abril
Hora:    11:50 ás aprox. 13:40.
Para:   3ESO-A, 3ESO-B sen PDC, 4º Hum., 4ºPDC e 1º Bach.
Lugar:   Museo Interactivo da Historia de Lugo - MIHL

Só alumnado de Música 

Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico "Resonancias en movemento", que forma parte do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”. Sairán do instituto ás 11:50h, o concerto dará comenzo ás 12:30h. cunha duración aproximada dunha hora.

Programa :

- Rusell Peck - Lift off trío de toms
- Owen Clayton Condon - Fractalia dúas marimbas e toms
- Nigel Westlake - Hinchinbrook Riffs marimba e sistema de delay
- Stuart Saunders Smith - Evensong lira
- Elliot Cole Postlude nº 8 for bowed vibraphone vibráfono a oito mans

Presentación do concerto: Xoán-Xil López
Intérpretes: Grupo de Percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Coreógrafas: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Julia Penado.
Dirección musical: Diego Ventoso


Sinopse:

Duración, intensidade, altura e timbre: estos son os catro parámetros do son como fenómeno acústico considerados e estudados tradicionalmente. Pero a estas catro cualidades hai que engadirlles unha máis que toma vida e emerxe no contexto dunha sala ou espazo concreto: a resonancia. “Resonancias en Movemento” é un espectáculo de música e danza que reflexiona sobre as diferentes formas nas que a resonancia pode ser tratada e abordada, así como os reflexos e fisicalizacións que poden inspirar na danza.

Dende as reverberacións naturais do son dun vibráfono ou dunha lira nos Postludes de Elliot Cole e no Evensong de Stuart Saunders Smith, ata complexas técnicas de retardo-delay electrónico creadas con sistemas dixitais en Hinchinbrook Riffs ou en Diving Bell, pansando por diferentes formas texturais creadas pola mente de compositores que sentiron fascinación por esta máxica cualidade do son, tanto música como danza camiñarán xuntas na busca dunha sinerxia que convirta sensacións paralelas (ondas sonoras e movementos) nun todo máxico.

 



event | by Dr. Radut