Bioloxía
ROTEIRO XEOLÓXICO EN CABO ORTEGAL
O pasado 25 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato dos IES de Monterroso e do Camiño (Palas de Rei) realizaron un roteiro xeolóxico polo Cabo de Ortegal da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa. A visita foi organizada de forma conxunta polos Departamentos de Ciencias Naturais de ambos centros. Na visita, ademais de disfrutar das paixases que ofrecen os cantís máis altos de Europa continental, puideron ver e interpretar en directo algunhas das estruturas xeolóxicas vistas nas clases. |
RECOLLIDA DE MOSTRAS NO RÍO ULLA
O alumnado de Cultura científica de 4º de ESO e de FPB II realizou unha recollida de mostras no río dentro do programa Voz Natura, no que xa participa o departamento de Bioloxía dende fai uns anos. |
Actividade de recollida de mostras no río Ulla
O pasado venres 5 de novembro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO saiu a recoller mostras biolóxicas e a facer medicións no río Ulla ao seu paso polo concello de Monterroso.
O alumnado visitou dous puntos do río, un augas arriba e outro augas abaixo da estación depuradora, co fin de determinar a calidade ecolóxica da auga antes e despois da incorporación das augas residuais depuradas ao río.
A saída foi cuberta por un periodista e a actividade saiu no xornal La Voz de Galicia o sábado 6 de novembro. A noticia pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2021/11/13/alumnos-monterroso-controlan-calidad-ecologica-aguas-ulla/0003_202111L13C7991.htm
Nos seguintes meses o alumnado de todo o centro traballará coas mostras recollidas para determinar o posible impacto das augas residuais da estación depuradora do concello no río Ulla.
Saímos o sábado 13 de novembro no medio "La Voz de Galicia" tanto en portada como na sección local! Segue lendo para ver as fotos.
Na portada da edición de Lugo
FEIRA DA CIENCIA NO IES. MONTERROSO
O curso está a rematar e o Departamento de Bioloxía ten preparado para estes días unha feira científica na que o alumnado poderá experimentar algunhas curiosidades do corpo humano.
VISITA A XENÉTICA FONTAO (Esperante)
O Departamento de Bioloxía organizou unha saída para o alumnado de 3º PMAR e 4º da ESO ás instalacións de Xenética Fontao o pasado 6 de Abril 2017