DÍA DE ROSALÍA
O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego. Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía e no IES de Monterroso celebrámolo cun recital de poemas desta autora. Recitaron os poemas alumnos de 3º e 1º da ESO. |