Día de Rosalía
O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego. Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía o vinte e tres de febreiro e no IES de Monterroso celebrámolo cun recital de poemas desta autora dos seus libros Follas Novas e Cantares gallegos a cargo dalgúns alumnos de 3º e 4º da ESO.