Skip to Content

BOLSAS NORTEAMÉRICA 2025-2026

Programa no que ao alumnado de 4º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

Para máis información premer aquí.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro 20 de novembro teremos as eleccións ao Consello Escolar.

Animádevos a presentaros como candidatos.

Adxúntase a convocatoria e a folla para presentar candidatura

XADREZ NO IES MONTE DAS MOAS

Os mércores pola tarde impartirase unha hora de xadrez para alumnado de todos os cursos.

Os interesados deberán escribir ao correo electrónico anpamoas@gmail.com indicando o nome do alumno/a, curso e nivel que ten de xadrez (básico ou medio).

O prezo dependerá do número de alumnado que se apunte.

REUNIÓN FAMILIAS

Lembramos que a reunión das familias coa dirección do centro e os titores/as, será o luns 23 de setembro no Salón de Actos co seguinte horario:

  • 18:30h os cursos de 1º e 2º de ESO
  • 19:00h os cursos de 3º e 4º de ESO
  • 19:30h os cursos de 1º e 2º de Bacharelato

INICIO CURSO ESCOLAR 2024-2025

PRESENTACIÓNS

O mércores 11 de setembro dará comezo o curso escolar 2024-2025.

O horario de presentación cos titores é o seguinte:

HORARIO

CURSOS

8:45h

1º ESO

Alumnado que se incorpora ao centro por vez primeira

9:00h

2º ESO

9:15h

3º ESO

9:30h

4º ESO

9:45h

1º e 2º de Bacharelato

10:10h

Recreo

A partir das 10:30h comezarán as clases co horario ordinario polo que se recomenda que o alumnado traia material para poder tomar anotacións.

AVISO URXENTE

O alumnado de 1º de Bacharelato que non teña mercado o libro de Economía, que non o merque ata falar co profesor.

FONDO DE LIBROS

A entrega dos libros do Fondo realizarase nas seguintes datas:

  • 1º ESO e 2º ESO, o martes 3 de setembro de 9:30h a 13:30h.
  • 3º ESO e 4º ESO, o mércores 4 de setembro de 9:30h a 13:30h.

Se alguén non pode vir a recollelos nesas datas, entregaranse ao alumnado xa comezado o curso escolar.

Se non ven a recoller os libros a persoa solicitante, deberán traer unha autorización asinada.

HORARIO DE VERÁN

  • Horario de apertura do centro:

                   9:00h a 13:30h

 

Horario recollida de cualificacións

As cualificacións xunto co impreso de matrícula se recollerán no centro cos titores/as nas aulas o mércores 26 de xuño ás 10:00h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut