INFORMACIÓN LIBROS FONDO SOLIDARIO
Datas para a devolución dos libros do FONDO SOLIDARIO:
- 1º ESO/2º ESO: mércores 26 de xuño de 10:30h a 13:00h
- 3º ESO/4º ESO: xoves 27 de xuño de 9:30h a 12:30h
O alumnado que teña en préstamo ordenador do centro, deberá devolvelo nas mesmas datas que os libros do fondo solidario.
A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.
A publicación das listaxes provisionais de admitidos no fondo solidario para o curso 2024-2025 será o 12 de xullo no taboleiro do centro.
A publicación das listaxes definitivas será o 26 de xullo no taboleiro do centro.
A recollida dos vales do fondo de libros será a partir do 2 de setembro na secretaría do centro, en horario de 10:00h a 13:00h.