O IES Monte Carrasco conta con 8 aulas, unha para cada un dos grupos de alumnos e alumnas. De 1º a 4º da ESO, con dous grupos por cada nivel. Dotadas de equipos informáticos, canóns e pantallas dixitais, son espazosas, moi luminosas e adaptadas as necesidades do alumnado. Catro delas son aulas Abalar (1º e 2º ESO). O centro conta, ademais, con tres aulas de desdobres.
Como aulas específicas están a aula de música, a aula de informática, a aula de educación plástica e visual, o taller de tecnoloxía, a aula de atención específica, o laboratorio e o ximnasio.
Existen tamén espazos de uso común coma o salón de actos e a biblioteca.
Outras dependencias do centro están dedicadas ao uso específico do profesorado(departamentos e sala de profesorado) e, finalmente, as dependencias de administración: despacho de dirección, secretaría, xefatura de estudos e conserxería.
No que se refire ao espazo exterior, o centro conta con aproximadamente 5.000 m2 de xardíns e zonas de xogo e lecer, entre os que se atopa unha pista polideportiva.