Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: historia do transporte público colectivo na Coruña

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO A Zeltia Deus Martín e Iria García Puga

Tranvías da Coruña 

 

Tranvía A Coruña-Sada

 

Os trolebuses. Documental para a televisión inglesa

 Trolebús A Coruña-Carballo (O Arteixo

Predición meteorolóxica do 22 ao 24 de xaneiro

 Elaborada para a Meteoescola polas alumnas de 1º ESO Estela Cao e Iria Díaz.

Radio Monelos: programa musical sobre Caamaño&Ameixeiras

Programa elaborado polos alumnos de 1º de bacharelato Lucas Eiroa Osoro e Anxo Vázquez Seoane.

 

Algúns videoclips de Caamaño&Ameixeiras: "Maneo de Cambre", "Alegría Dio'la dea", "A pequena morte", "Ai de min"

Historias da Coruña: A Torre de Hércules

Programa elaborado polas alumnas de 1º de ESO Carolina Barbeito de la Cruz e Laura Virosta Peón.


2 de febreiro: celebración do día da Candeloria

 
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. 
 
Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 
 
O venres 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O venres 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Bases do concurso día da paz 1º ESO (30 de xaneiro)

 

1. O concurso está organizado pola materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Xeografía e Historia. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2024. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de xeografía e historia, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección. 

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do 29 de xaneiro. 

9. O mércores 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do mércores 31 de xaneiro ao venres 2 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 5 bocadillos e bebida • O segundo premio dun vale 3 bocadillos e bebida canxeable na cafetería do instituto. Un agasallo por parte do xurado popular tamén canxeable na cafetería do instituto.

Historias da Coruña: a edición de libros en galego

Programa elaborado pol@s alumn@s de 1º de ESO Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González. 

 

Radio Monelos: programa musical sobre "Grande Amore"

Programa realizado polas alumnas de 4º ESO C Sara Castro Sánchez e Sofía Regueiro Seoane.

  

Algúns videoclips de "Grande Amore": "Esta pena que a veces teño", "Onde ela me quer levar", "Do meu corpo van nacer outros corpos" e "Pelea".

Radio Monelos: programa musical sobre Sofía Espiñeira

Programa realizado polos alumnos de 1º de bacharelato Enrique Alonso Fúster e Pablo Barro García.

Algúns videoclips: "Xeografías", "A vida contemplativa", "As miñas flores" (directo) e "Remuíño de son" (con Belém Tajes e Los Jinetes del Trópico)

Resumo das novas de Nadal de 2023 e Aninovo de 2024

Programa elaborado pol@s alumn@s Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato) e Yelina Dopico López (4º ESO)


Distribuir contido


by Dr. Radut