Skip to Content
 

IDIOMAS DO MUNDO 2024

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe xoves as bases do programa Idiomas do Mundo 2024, de tal maneira que desde o venres 23 de febreiro ata o 7 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para solicitar a participación no programa, que permitirá a estancia en Irlanda durante un mes de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, nunha iniciativa de inmersión lingüística destinada a mellorar o dominio do inglés e achegar unha experiencia noutra cultura ao alumnado participante.
 
A inscrición pode facerse desde mañá a través da web educativa www.coruna.gal/educacion, no apartado de Idiomas do Mundo 2024. É moi importante que unha vez feita a inscrición en liña a través da web, as persoas solicitantes presenten por Rexistro (ben de maneira presencial ou telemática) toda a documentación requerida, que ven indicada nas bases, xa que do contrario non se terá por validada a inscrición.  
 
Serán un mínimo de 30 prazas e as estancias desenvolveranse en xullo ou agosto deste ano. O programa inclúe aloxamento, as clases de inglés, a programación de actividades culturais e lúdicas paralelas, así como o desprazamento entre a localidade irlandesa que se estableza e A Coruña, contando ademais con persoal que acompañará aos participantes para dar apoio no que poida ser preciso.
 
As estancias poden ser gratuítas ou poden estar cofinanciadas polos participantes, contando en todo caso todas elas cunha achega económica municipal, establecida en base a uns criterios de renda que están detallados nas bases.
 
Tal como se recolle nas bases, para participar no programa é imprescindible, entre outros requisitos, ter aprobadas todas as materias do pasado curso de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e ter polo menos unha nota media de 7 no devandito curso e na materia de inglés, estar empadroado na cidade, ademais de estar matriculado neste curso nun centro educativo da Coruña.
 
Por parte dos centros será necesario achegar ao alumnado un certificado das notas de 4º de ESO e outro da matriculación en 1º de Bacharelato deste curso.
 
 
Para unha maior información, tamén poden consultar a web www.coruna.gal/educacion ou poden chamar ao Servizo de Educación, 981 184200, extensión 10911.

Bases aquí
AdxuntoTamaño
bases idiomas do mundo 2024.pdf362.51 KB


page | by Dr. Radut