AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (1º-2º BACH)
BOLSAS DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN EDUCATIVA (Consellería de cultura, educación, FP e Universidades - Xunta de Galicia)
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través de Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 [...], establece a posibilidade de solicitar en réxime do concorrencia competitiva bolsas de axuda para a realización de actividades de inmersión en linguas estranxeiras. As actividades solicitadas desenvolveríanse nos meses de xullo e agosto. As axudas cubren os gastos de viaxe, alouxamento, manutención e actividades no país de destino. Os requisitos de participación son os seguintes:
- Estar cursando 1º ou 2º de Bacharelato nun centro público de Galicia durante o curso 2023/24
- Ter todas as materias do curso 2022/23 aprobadas
- Ter unha media mínima de 6 na materia de 1ª lingua estranxeira no curso no que estaba matriculado en 2022/23.
- Non ter solicitada ningunha outra axuda para o mismo fin
Poden consultarse as bases da convocatoria no seguinte enlace. A presentación de solicitudes faise vía on line a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED504B). O prazo de solicitude remata o día 13 de marzo.