ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Vacantes previstas para o curso 2024-25
O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado
Nese enlace pódense consultar os manuais e a lexislación referidos a este proceso:
a) Solicitudes de reserva (ED550A): do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2024 para que os centros adscritos fagan a reserva do seu alumnado que cambia de etapa educativa
b) Solicitudes ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024 para alumnado que non reservou a praza no centro adscrito
Unha vez validada a oferta pola inspección educativa, será publicada a previsión de vacantes antes do 1 de marzo.
Mapas coas zonas de influencia
- Alumnado ESO: área 16
- Alumnado Bacharelato: áreas 16 e 24
Criterio Complementario
No Consello Escolar do IES Monelos con data 22 de xaneiro de 2013 foi aprobado o seguínte criterio complementario:
...na ESO otorgarase un punto ao alumnado que, segundo o caso, teña nota media igual ou superior a notable ou a 7,5 no seu expediente académico do curso inmediatamente anterior ao que están cursando no momento de realizar a solicitude”.