Skip to Content
 

III Concurso IES Monelos de Cociña de Outono

Organizado polo EDLG Bases do concurso 

1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro. 

2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 26 de outubro no corredor de entrada do centro. 

3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego. 

4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante. 

5. O primeiro premio terá un valor de 30 €. 

6. O segundo premio terá un valor de 20 €. 

7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores. 

8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro. 

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 


 



page | by Dr. Radut