Skip to Content
 

Concurso Día Internacional da Muller

Iria Hidalgo Novoa (3º ESO A)

Brais Soliño Rodríguez (3º ESO B) 

Joaquín Pombo Fuentes (4º ESO B)

Rubén Fernández Vecino (2º bacharelato B)

Julia García Couce (2º bacharelato C)

Gañadores do concurso:

A entrega dos premios farase o martes 23 de marzo na porta de entrada no centro (Porta 1).

ESO: primeiro recreo (10:10 horas).

Bacharelato: recreo (a partir das 11:20 horas).

Parabéns aos gañadores!


O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 22 de febreiro e rematará o venres 12 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 18 mulleres galegas relacionadas co mundo da cultura, ciencia, matemáticas, medicina, dereito, empresa e educación. 

A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas.
 
 BASES:
 

1.  Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría.
2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización. 
3.  Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todos as personaxes femininas.
4. Só se concederán ata 5 premios. 

5. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores.
6. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 
 

Cubre o cuestionario


page | by Dr. Radut