Skip to Content
 

Celebramos a Candeloria (2 de febreiro): día dos afectos

O día 2 de febreiro (que este 2020 cae en domingo) celébrase o día da Candeloria. Véntase a primavera e casan os paxariños a altura desta data. Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar. Velaí o refraneiro vizoso do país aplicándolle sabedoría ao inicio deste mes de febreiro. Máis alén da pegada relixiosa que o paso dos séculos lle impuxo a este día coa beizón das candeas a usar na Semana Santa seguinte, a tradición galega ofrece para este xornada outras fermosas implicacións. O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos do que axiña será a primavera outórgalle outro simbolismo, do mesmo xeito que acostuma a dicirse que é o tempo do casamento dos paxariños e que, de Candeloria en diante, ningunha ave voa soa e ate onde a memoria da xente chega, fálase deste día como a festa da luz. O poeta Luís Amado Carballo escribiu: Na catedral do abrente/oxe casan’os paxaros,/con nubens de neve e ouro/está o ceo galanado (...)

O luns 3 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.

Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 27 ao 31 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala nun buzón ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O luns 3 de febreiro entregaráselle a carta.



page | by Dr. Radut