Eventos
50 estudantes de 2º ESO visitarán o Parque Eólico Sotavento (Centro de divulgación de enerxías renovables) xa que están incluídas no currículo de Ciencias Naturais.
Os estudantes de 2º de BAC de Xeoloxía, realizarán unha viaxe a Santiago coa finalidade de visitar o Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" onde a colecicón de minerais e rochas eé espectacular tamén dispón da maoiría de figuras cistalográficas orixinais feitas por Haüy o fundador da Cristalografía.
http://www.santiagoturismo.com/museos/museo-de-historia-natural-1
http://www.usc.es/gl/servizos/museohn/coleccions/Mineraloxia.html
Conferencia sobre Gas Natural e Medio Ambiente para os estudantes de 2º ESO A/B/C, os dous primeiros grupos a recibiron xuntos na aula Xurxo Lobato ás 9:20h e o outro grupo, na aula Multimedia ás 10:30h.
Dpto. de Ciencias Naturais.
Os estudantes de 2º BB de Bioloxía visitarán o S.A.I. (Servizo de Apoio á Investigación) da UDC, para coñecer o funcionamento dos Microscopios Electrónicos e as técnicas de Bioloxía Molecular.
Conferencia sobre a importancia dos ríos en Galicia.
Para 1º ESO, organizado polo Dpto. Ciencias Naturais. Ás 12:30h