Eventos
O martes 22 alumnos do IES Monelos ofrecerán un concerto na sala Xurxo Lobato.
Ás 12:00 asistirá o alumnado de 2º ESO (cando remate a iso das 12:50, os alumnos que teñan autorización poderán marchar; os que queden serán atendidos polos profesores de garda)
Ás 12:50 asistirá o alumnado de 1º ESO rematando previsiblemente a iso das 13:45.
O partido Deportivo-Osasuna foi un éxito porque gañou o noso equipo 1-0
Os alumnos de 2º Bach B: Xacobe Sola, Sabela Rodríguez, Irene Varela e Marta Martínez participarán na Olimpiada de Bioloxía; estarán acompañados polo profesor Xosé Manuel Tato.
As profesoras Alicia Pedreira e Marisé Gómez, acompañan a alumnos de 2º Bacharelato que participan na Olimpiada matemática.
Alumnado de 4º ESO B acompañado polas profesoras Margarita Bejar e Victoria Acebal, visitarán a casa-museo de Emilia Pardo Bazán.
Alumnos de 2º ESO A asistirán a un ensaio da OSG que terá lugar no Pazo da ópera. Interpretaranse as seguintes obras:
- Plenilunio de R. Groba
- Concerto para frauta de C. Nielsen