Actividades realizadas ata a data
SAÍDA AO CITIC E XII OBRADOIRO GALEGO DE ROBÓTICA
O día 15 de novembro o alumnado de 1º Bac de TICs e Tecnoloxía Industrial fixo unha visita ao CITIC (Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña )no que fixeron as seguintes actividades:
- Charla dun investigador ou investigadora sobre a súa traxectoria profesional
- Visita ao CPD (é un dos supercomputadores máis grandes de Galicia)
- Mostra dos proxectos expostos na Sala Demostrador Tecnolóxico (robots, drons, contornas de realidade virtual.....). Un grupo de 10 alumnos participou no centro Agora no XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica
- Programar os robots Lego EV3
GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O IES Moncho Valcarce felicita aos gañadores do concurso de carteis do 25N patrocinado polo Concello de As Pontes.
Noraboa!!! Parabéns!!!
25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Un ano máis o IES Moncho Valcarce quere mostrar a súa solidariedade con todas aquelas mulleres que sufriron e sofren a violencia de xénero.
A Comunidade Educativa envíalles todo o seu apoio esperando que esta lacra se elimine da nosa sociedade canto antes.
TRAZANDO A IGUALDADE
Desde a biblioteca escolar do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visionar a exposición “Trazando a Igualdade” que recolle os traballos ilustrativos diseñados polo noso alumnado de educación secundaria. Os debuxos e viñetas pretenden sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres.
TEATRO EN FRANCÉS
Un ano máis o contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou visitou o noso centro e realizou unha selección de contos africanos en francés empregando varios obxectos e facendo participar ó alumnado.
Esta actividade, proposta polo Departamento de Francés, estivo dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.
SAMAÍN 2021
Un ano máis celebramos no noso centro a festa do samaín e o magosto. Nesta ocasión a ANPA convidanos a toda a Comunidade Educativa a chocolate con churros e castañas asadas. Disfrutádeo!!!
CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS
Ao longo do mes de outubro desenvolvéronse no noso centro as charlas do Plan Director, impartidas pola Garda Civil. Este ano os temas tratados foron o acoso escolar e a violencia de xénero e estaban dirixidas a todo o alumnado do centro.
LIMPEZA DA PRAIA DE VILARRUBE
O xoves 14 de outubro de 2021 o departamento de Tecnoloxía organizou unha xornada medioambiental que consistiu na limpeza da praia de Vilarrube no concello de Cedeira para o alumnado de 3º de ESO.
O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado do efecto que teñen sobor do medioambente as nosas costumes e os nosos actos.
MULLERES NO ÁMBITO STEM
A imaxe é da participación na entrega de premios virtual.