VIAXE CULTURAL A LONDRES

 

 

Un grupo de 71 estudantes de 1º de Bacharelato e de 4º ESO fixeron unha viaxe a Londres do 17 ao 22 de marzo. É difícil resumir todas as experiencias vividas: un grupo tan numeroso movéndose polo metro, explorando a cidade, percorrendo as rúas, porque non somos turistas, somos viaxeiros, galegos polo mundo! Visitamos o British Museum, a National Gallery, o Natural History Museum...para comprender mellor a Arte e a Ciencia. Pero tamén puidemos ver Londres dende arriba (London Eye) e dende o río Támesis (Crucero). Unha viaxe moi completa na que o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer en profundidade unha cidade tan diversa e cosmopolita: o novo versus o vello, a City, a Catedral, o Parlamento, a Torre de Londres, os grafitis, Chinatown, Covent Garden, Hyde Park... Días intensos e moi ben aproveitados, sen esquecernos da nosa parada no Eros de Picadilly Circus.

Unha experiencia marabillosa cun gran grupo que funcionou moi ben grazas ao esforzo das profesoras pero, sobre todo, grazas á colaboración dos nosos rapaces e das nosas rapazas.