VISITA A SOTAVENTO
O día 22 de marzo o alumnado de 2º ESO fixo unha visita ao parque experimental de Sotavento onde comezamos a visita facendo unha reflexión colectiva sobre a relación entre a enerxía que se consume e as fontes de onde se obtén. Despois divididos en 3 grupos fixemos a visita as distintas instalacións como son: a casa bioclimática, comprobar o tamaño real da multiplicadora e o xerador dun eólico, visitar un eólico por dentro e montar distintos circuítos con placas solares. O obxectivo desta visita é coñecer de preto o uso das enerxías renovables e as aplicacións que teñen para axudar a mellorar o planeta no que vivimos.