Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

TEATRO EN FRANCÉS

O día 22 de xaneiro o alumnado de francés de 3º e 4º ESO e de bacharelato disfrutou dunha representación de teatro en francés: Emilia arrive à Paris, en A Coruña

SEMANA BRANCA. ANDORRA 2024

231 alumnos e alumnas do IES Miraflores de entre 1º da ESO e 1º de bacharelato puideron gozar da neve na actividade “Semana Branca” que se levou a cabo entre o 6 e o 13 de xaneiro na estación de Grand Valira (Andorra).

O centro desprazou ao alumnado en 5 autobuses acompañado por 12 profesores/as.

O seu comportamento foi extraordinario, aproveitando as clases de esquí/snow board e o tempo libre, tanto de práctica como de lecer.

Dende o IES Miraflores entendemos que a educación é moito máis que unha mera transmisión de coñecementos de aí o esforzo que se fai dende o centro para levar a cabo este tipo de actividades extraescolares que contribúen enormemente tanto ao enriquecemento persoal como á mellora da convivencia entre o alumnado.

Vipers in the city

Na sesión de Stembach do día 16 de xaneiro contamos coa presencia de Ismael Espasandín, Biólogo e investigador que codirixe un proxecto de estudo e divulgación da víbora de Seoane, especie endémica do norte ibérico.

Con Ismael coñecimos como viven, de que se alimentan, como e cando se reproducen e o importante papel que estes animais, inxustamente odiados, xogan nos nosos ecosistemas, así como a importacia e responsabilidade da conservación dos seus hábitats e das súas poboacións.

MODIFICACIÓN DO DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

Tendo informado á comunidade educativa da solicitude feita en prazo e en forma á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do día 20 de maio de 2024 como non lectivo de centro, e á vista da posterior publicación da Instrucción 10/2023, do 25 de outubro de 2023, na que se establecen os días 20 e 21 de maio para realizar as posibles reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa, informamos que, en Consello Escolar de centro, aprobouse a modificación do día non lectivo de centro solicitado do 20 de maio de 2024 ao 16 de maio de 2024.

EN CONSECUENCIA, O XOVES 16 DE MAIO DE 2024 SERÁ DÍA NON LECTIVO NO IES MIRAFLORES.

 

CHARLA PARA FAMILIAS: "TÉCNICAS DE ESTUDO" (LUNS 22 DE XANEIRO ÁS 20:00)

A pedagoga, Belén Pérez Sanmartín, responsable da impartición ao alumnado de 1º da ESO das sesións de técnicas de estudo que se están levando a cabo nas sesións de titoría, vai impartir unha sesión sobre "como estudar".

A Actividade está organizada e financiada pola ANPA do IES Miraflores e está aberta a todas as familias do centro.

ORDE SOBRE O USO DOS TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar o protocolo para regular o uso dos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos durante o tempo de lecer, a través do que se amplía á totalidade da xornada escolar a limitación do uso dos teléfonos e dispositivos electrónicos que estaba xa vixente durante os períodos lectivos dende a publicación do Decreto 8/2025, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño de 2011, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Dito protocolo non supón ningún cambio con respecto ás Normas de organización e funcionamento do IES Miraflores onde xa non estaba permitido o uso dos móbiles e dispositivos electrónicos, como mecanismo de comunicación, non só durante os períodos lectivos (salvo cunha finalidade pedagóxica e baixo supervisión directa do profesorado) senón tampouco nas entradas e saídas, durante o recreo, o comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares (excepto coa autorización expresa do equipo directivo ou profesorado).
A decisión enmárcase na liña prioritaria da Xunta de consolidar a convivencia positiva como estilo educativo a través do impulso dunha convivencia dixital responsable, tal e como marca a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso escolar, para garantir que os centros educativos sexan espazos que promovan o benestar dixital e a tolerancia cero a todo tipo ou forma de acoso promovendo unha responsabilidade compartida no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías ao tempo que se compatibiliza co aproveitamento das potencialidades de aprendizaxe que ofrecen estas ferramentas.

ENCONTRO CO DOUTOR DIEGO GONZÁLEZ RIVAS

O xoves, 14 de decembro, o alumnado de 2º de bacharelato participou nun encontro, que tivo lugar no noso centro, co Dr. Diego González Rivas, referente mundial en cirurxía torácica e transplante de pulmón.

A conversa tivo un dobre enfoque: por unha banda, abordou os aspectos científicos da súa innovadora técnica de cirurxía Uniportal VATS e, por outra, e xa dende un punto de vista máis persoal, o doutor relatou o inicio da súa vocación e as súas motivacións vitais centrando a súa intervención na importancia de que o alumnado se esforce, se forme e se motive para poder vivir con “paixón” aquela saída profesional e persoal pola que opte na súa vida.

O motivo da súa visita foi agradecer en persoa a colaboración do IES Miraflores, grazas aos máis de 6.000€ recadados na V Carreira da luz, nun dos grandes obxectivos da fundación que leva o seu nome que é poder dispoñer dunha unidade móbil coa que poder realizar, a través da súa técnica Uniportal VATS, aquelas cirurxías que non se poden abordar por falta de recursos en países en vías de desenvolvemento.

ÓPERA BREAK

O luns, 27 de novembro, o alumnado dos tres primeiros cursos da ESO asistíu á representación da obra ÓPERA BREAK na que un grupo teatral puxo en escena un musical que combinaba a ópera con break dance.

Esta actividade foi organizada e costeada pola ANPA "Miguel Hernández".

Charla Microrreservas de flora

Na mañá do venres 1 de decembro tivemos a ooprtunidade de coñecer o traballo da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) da man do biólogo Martiño Cabana. Martiño explicounos que son e como se xestionan as microreservas de flora. Vimos exemplos de flora exclusiva dos solos serpentínicos da Serra do Careón e de orquídeas ligadas a afloramentos calcáreos da Serra do Courel (que o alumnado de 1 Bach terá a oportunidade de visitar na primavera)

25 N

O alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO estivo traballando estes días nun mural para conmemorar o 25N baseándose na obra do artista estadounidense Keith Haring.

Distribuir contido


by Dr. Radut