Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

CHARLA DE INTERESE PARA AS FAMILIAS: COMO ESTUDIAR? - LUNS, 25 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00

A ANPA do IES Miraflores organiza unha charla a cargo da pedagoga Belén Pérez Sanmartín (ELEEMÉNTAL) quen, dende o curso 2019/2020, é a encargada de impartirlle ao alumnado do centro sesións de técnicas de estudio co fin de que obteña, cada un/ha en base ás súas capacidades, o máximo rendemento académico.

Neste curso académico, non só está sendo beneficiario de 8 sesións o alumnado de 1º ESO (unha á semana, no horario de titoría) senón tamén o alumnado de 4º (4 sesións) e o de 2º de bacharelato (1 sesión) co fin de axudarlles a facer máis produtivas as súas horas de estudo.

Nesta ocasión, a sesión será para as familias e, dende a Dirección, consideramos que é de sumo interese xa que o obxectivo é darvos pequenos consellos para que poidades acompañar e axudar aos vosos/as fillos/as sempre que o precisen, independentemente do nivel que estean a cursar.

LUNS, 25 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00, NO SALÓN DE ACTOS DO IES MIRAFLORES

GAÑADORAS CONCURSO DE RECEITAS TERRORÍFICAS

GAÑADORAS CONCURSO RECEITAS TERRORÍFICAS DE SAMAÍN 

 1º PREMIO  GEMA CAMPOS 3º ESO C

 

2ºPREMIO  EMMA VILLAMOR E DANIELA RAMOS  3º ESO C

3º PREMIO IRENE GARCÍA 3º ESO A

4º PREMIO NOA BARRAL 3º ESO B

Parabéns!!!!!!!!!

RECEITAS TERRORÍFICAS

Cociñaron para nós e temos que darlle as grazas. Que saborosas sobremesas!

Este ano a rapazada do IES Miraflores implicouse moito na redacción de receitas: MINI CABAZAS DE NOA BARRAL, BRAZO DA MORTE DE IRENE GARCÍA, DEDOS DE BRUXA,,CHULAS DE CABAZA,, BISCOITOS DE CABAZA,GALLETAS ARAÑA... pero se hai unha clase que destacou sobre as demais porque ademais trouxo algunhas delas para degustar, 3 ESOC. Seguro que as súas familias tamén se implicaron para que puidésemos desfrutar dun recreo tan doce. Grazas, familias!

As chulas de Gema, feitas coa receita da súa avoa desapareceron nuns intres, incluso moitas quedamos coas ganas de probalas. Para que despois digan que á xuventude non valora os pratos tradicionais. Vaia se lles gustaron.

Ademais, Gema tamén nos trouxo un espectacular camposanto no que non faltaban as árbores sinistras, iso si de saboroso chocolate, as pantasmas deliciosas e as lápidas de galleta. Un gusto para a vista e para a boca. Daba mágoa devorar unha escultura tan elaborada. Pero devorámola sen piedade.

Daniela retounos a probar un prato cun aspecto repugnante, nada menos que tortas que parecen cranios abertos non que se ve o cerebro, os miolos cheos de sangue. Unha delicia.

Emma preparou unha das súas recitas favoritas, que cos mesmos ingredientes pode adaptarse a diferentes celebracións. Desta vez, polo Samaín, unha enorme cabaza, da que non quedou nin o seu sorriso. Podedes ver como a cociña no vídeo que nos enviou para o concurso. Grazas, Emma!

Raziel  de 1 BAC agasallounos cun prato típico venezolano. Para quen non se resista ao coco e para quen goste de probar sabores novos tedes a receita que se xunta a este artigo. Seguro que a faremos.

  

“Non é de tradición da miña familia celebrar o Samaín nin Halloween, mais cando hai festividades, comemos doces tradicionais de Venezuela. Neste caso falamos do Majarete, unha comida precolombiana orixinaria dos indíxenas do caribe.

Receita: • Ingredientes: • Millo natural (ou fariña de millo). • Leite. • Crema ou leite de coco. • Azucre. • Canela. • Cravo de olor. • Anís.

 

Ás medidas son 1K de millo, medio litro de leite, 250 gramos de azucre e o resto ao gusto de cada. Proceso: Collese o millo e ponse a cociñar en auga a alto fogo ata que quede o suficiente mente suave como para facer unha masa. As especias cocíñanse en auga para extraer a súa esencia e logo mestúrase coa masa. Poñemos a cociñar a masa e engáadeselle o leite, o leite de coco e a azucre. Cociñamos a lume baixo ata que quede unha substancia espesa e ponse nun prato a arrefriar. Unha vez frío, sérvese e... a comer!”

A actividade estivo organizada polo departamento de Lingua Galega, departamento de Plástica, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Miraflores.

Iniciación ao uso de Calc (follas de cálculo) para STEMbach

Os dous últimos martes o alumnado Stembach realizou un minicurso de iniciación ao uso de follas de cálculo onde, coa axuda de José Luis Domínguez, aprenderon os conceptos básicos de traballo con datos neste tipo de aplicacións.

Se te atreves...Le!

Desde o Equipo da biblioteca propoñémosche unhas cantas lecturas para estes días.  E tamén, por se prefires, escollemos algún filme. Lembra que podes solicitar estes libros, e máis, na nosa Biblioteca Miraflores.

Temos varios libros ilustrados e incluso  temos dous libros ilustrados creados polo alumnado de 1 ESO a partir do libro Cartas de inverno. de Agustín Fernández Paz. Son os seguintes:

La pequeña Bruja – Benjamin Lacombe e Sebastián Perez

Violeta quiere ser vampiro – Ramon.D. Vieja e David Sierra

Louis entre fantasmas – Fanny Britt e Isabelle Arsenault

Frankenstein- Meitxell Vibas

Trasmallo. A Santa compaña. Gochi

Versos para musas e catro contos de Edgar Allan Poe

Sábanas, Brenna Thummler

El fantasma de la casa de al lado, Iñaki r. Díaz

Damned. Writers, Ángel A. Svoboda

Mortiña. O amigo pantasma. Bárrbara Cantini

O noso Samaín. Loretta Birott Bermejo.

Esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg

 

Que che parece ler  unha obra que se segue representando nestas datas: Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Tampouco faltan os clásicos do terror: O caso de Charles Dexter Work- H.P.Lavecraft ou El escarabajo de oro y otros cuentos. Edgar Allan Poe. En galego temos unha selección en O relato fantástico. De Poe a Lovecraft. Escrito en portugués podes ler Saga. Sophia de Mello Breyner Andresen. E dos autores clásicos da literatura galega ofrecémosche Retrincos e Un ollo de vidrio, escritos por Castelao e Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.

Dispoñemos de libros de literatura xuvenil, como A pantasma taelefónica, de Xabier A. Barreiro Liz. Algúns deles tiveron moito éxito. Foron Conta saldada, de Suso de Toro; De como santo dos croques se fai peregrino, de Pepe Carballude. E que dicir da querida Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, ou dos tres irmáns fantasmas de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras. Tamén dispoñemos de Luces de Setembro de Carlos Ruiz Zafón na edición en castelán e en galego.

 Recomendámosche Cando petan a pola pola noite- Xabier P. do Campo, libro do que temos varias edicións diferentes porque tivo moito, éxito porque dá moito medo.

E do inmenso Agustín Fernández Paz temos unha ampla oferta: Cartas de inverno, Aire negro, A neve interminable, A casa do medo, Malos tempos para os Fantasmas, Un tren cargado de misterios, Tres pasos polo misterio, As fronteiras do medo.

 Se prefires ver un filme, podes solicitar algún destes: Coco- Fixar. FranKestein - Mary Shellay de Kenneth Branagh ou La habitación del pánico- Jodie Foster

 

SEMANA BRANCA: ANDORRA 2025

A autorización debe entregarse ao profesorado de Educación Física, quen dará ao alumnado de alta na Aula Virtual do centro para poder aportar a documentación restante.

ARQUIVOS ADXUNTOS:

PRESENTACIÓN A FAMILIAS ANDORRA 2025

AUTORIZACIÓN VIAXE EXTRAESCOLAR ANDORRA 2025 

Visita ao CITEEC do alumnado STEMbach

O alumnado Stembach visitou os laboratorios de investigación do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Enxeñaría e Edificación Civil). Puidemos ver en funcionamento o túnel de vento, onde se poñen a proba as estruturas de pontes e viaductos, o simulador de chuvia e a Torre de impacto, onde, tras un cristal antibalas, sométense a grandes forzas instantáneas a materiais e estruturas que forman parte de automóviles e avións, estudando a supercámara lenta (2.000 frames/s) a súa reacción. Tamén visitamos a dársena: piscina artificial na que se simulan oleaxes de 25m, e unha das prensas hidráulicas de experimentación máis potentes do mundo (1500 Toneladas).

 

 

PREMIOS MEGABAU

A CIUG premia ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nun evento de homenaxe.

Este acto, que se celebra no Coliseum de A Coruña en colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as tres Universidades públicas galegas: Universidade de A Coruña – UDC, Universidade de Santiago – USC e Universidade de Vigo –UV, quere premiar ao alumnado que teña acadado unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade.

Por parte do IES Miraflores de Oleiros forman parte desta homenaxe as seguintes alumnas:

  • Andújar Salamanca, Paula
  • Dorado Fernández, Alba
  • Longueira Carracedo, Manuela
  • Martín Sampedro, Lucía

Parabéns!!


 

Nos seguintes enlaces pódense visualizar e descargar as fotografías realizadas durante o acto polos responsables:

Podedes visualizar e descargar as vosas fotografías nas seguintes ligazóns:

 

O vídeo atoparédelo na seguinte ligazón:

https://udc.es/futuros_estudantes/MEGABAU/#video

Premendo a carón do vídeo no botón "Marcas" poderedes buscar directamente o momento no que o voso centro subiu ao escenario ou algún outro que queirades lembrar.
 

Para calquera dúbida enviádenos un correo a este enderezo: megabau@udc.gal

 

Foodtruck. Crêpes dende Bretagne

O venres 31 de maio estivo no IES Miraflores unha foodtruck para facer crêpes co alumnado de francés de 1º, 3º, 4º ESO e 1º Bach. Chámase 'La Marinière' e da man de Jérémy Thomas, que chegou directamente de Lorient en Bretagne, o noso alumnado puido coñecer a orixe e a receita das crêpes.

 

Pero non só iso, tamén puideron desfrutar dunha actividade didáctica completa, primeiro simulando a conversa para comprar unha crêpe e facendo cada neno e nena a súa propia crêpe para despois degustalas, miam miam.

 

IX Concurso de Debuxo Picasso

O pasado 5 de xuño coñecéronse os/as gañadores/as do IX Concurso de Debuxo Picasso organizado pola "Asociación da Prensa da Coruña (APC)" co patrocinio da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.

 

Entre os/as premiados/as figuran os traballos de varias das nosas alumnas:

Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración: Luz Blanco Tato - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Ana Sogo

 

 

Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción: Alba Echeverri - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Irene Lustres

Noraboa ás premiadas!

Distribuir contido


by Dr. Radut