Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Falando con Zenzar

Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama  e formada durante o outono do ano 1987.


Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como "os padriños do rock galego".

O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa  que estivo no noso centro acompañado de Paco Cerdeira 'Pacolas' e da ilustradora Laura Romero.

O alumnado de 2º ESO desfrutou o pasado 21 de marzo no salón de actos do instituto, non só das súas cancións senón tamén das súas experiencias ao longo da súa dilatada traxectoria.

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización do IES Miraflores e o Concello de Oleiros.

Roteiro polo encoro de Cecebre (COAWA)

Antes das vacacións de Semana Santa, todo o alumnado de primeiro da ESO puido desfrutar dun roteiro ao aire libre polo encoro de Cecebre. Guiados por expertos, os estudantes puideron avistar unha ampla variedade de aves, observar a riqueza florística da zona e mesmo observar algúns dos seus habitantes máis ilustres.

Resolución definitiva Becas 23-24

No arquivo adxunto está a resolución definitiva da convocatoria de becas 23-24.

Na seguinte dirección pódense consultar as resolucións e listados:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

 

O prazo de presentación de recurso de reposición iníciase o día 21 de marzo e remata o 22 de abril de 2024

VI CARREIRA DA LUZ IES MIRAFLORES. 26 DE ABRIL DE 2024 ÁS 20:00 HORAS

PREPARADOS/AS, LISTOS/AS... QUE VOLVE A CARREIRA DA LUZ!!

Para os/as que sodes novos/as no IES Miraflores, contarvos que a Carreira da luz é un proxecto, deseñado dende o centro no 2017, que pretende ser unha actividade deportiva, á vez que solidaria e de convivencia de toda a comunidade educativa, na que se involucre o maior número de persoas de todas as idades, e non só de Oleiros, senón tamén das localidades limítrofes.

Unha das máximas do IES Miraflores é educar en valores e inculcar boas prácticas como a participación en actividades deportivas e saudables, a cooperación ou a solidariedade con aquelas persoas que máis sofren de aí que, se hai a motivación de correr ou de colaborar, na medida das posibilidades de cada un/ha, por unha boa causa, sabendo que o teu esforzo vai contribuír a mellorar un pouco a vida das persoas, o éxito está garantido.

Nesta ocasión, a nosa colaboración irá para un proxecto en Malawi do que teredes toda a información en breve nesta web así que ide buscando participantes e colaboradores, calzando as vosas deportivas e vestindo a vosa camiseta solidaria que o venres, 26 de abril, ás 20:00 horas, levarase a cabo, no Polígono de Iñás, a VI edición da Carreira da luz!

Toda a información relativa á carreira pode consultarse no seguinte enlace

A inscrición pode realizarse no seguinte enlace. É importante recordar que é preciso subir un xustificante do ingreso bancario (fotografía ou pdf) 

É necesario iniciar sesión cunha conta de Gmail para poder recibir o certificado de inscrición. En caso contrario a inscrición será efectiva pero non recibirá o correo de confirmación.

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25

CONVOCATORIA XERAL

 

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

Para alumnado que no curso 24/25 estea matriculado en:

·     Bacharelato

·     Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados 

·    Formación Profesional de grao medio e de grao superior 

·     Ensinos artísticos: profesionais e superiores 

·     Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

·     Ensinos deportivos 

·     Estudos relixiosos superiores 

·     Formación Profesional de Grao Básico 

·     Ensino universitario: Graos, Mestrados... 

 

 COMO SOLICITALA?

1.      ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA.https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE

 Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

·         Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

·         Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta. 

 Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas: 

 •   Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou 

 •   mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica. 

 

3.ENCHE O FORMULARIO

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pedirán que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pediranche que achegues algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN:

ENDEREZO PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS: Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo. R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es 

DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRÓNICO

Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar. 

 

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

TELÉFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

O próximo xoves, 14 de de marzo, celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de Formación Profesional, Educación Secundaria e Bacharelato.

Trinta entidades, entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias,  entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9:30 a 13:30 horas, uns 600 estudantes dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por docentes e orientadores/as, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16:00 a 18.00 horas, o evento abrirá as súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros coa colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros: IES  Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

 

CHARLA SOBRE A PROBLEMÁTICA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS/AS ADOLESCENTES. MARTES 12 DE MARZO ÁS 18:30

Dentro das accións formativas e didácticas que leva a cabo a ANPA, o próximo martes 12 de marzo, ás 18:30 horas, terá lugar no salón de actos do IES Miraflores unha intervención da Garda Civil, dentro do marco do Plan Director que o antedito corpo leva a cabo na formación para pais/nais nos centros escolares.

A charla formativa centrarase na problemática das novas tecnoloxías e o alumnado adolescente (riscos, ciberacoso, estafas, videoxogos…).

Teatro en Latín

O alumnado que cursa latín en 4ºESO e bacharelato acudiu á representación dunha obra teatral o mércores 21 de febreiro.

Pulsando sobre o enlace pódese acceder a diversas fotografías do acto

Teatro Latín

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO NON PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS – CURSO 2024/2025

1.- NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO

-DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

-Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

-Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.

 

2.- POSTOS ESCOLARES OFERTADOS POR NIVEL E ETAPA PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NON PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

1º ESO

11 + 4 RESERVA ALUMNADO NEAE

2º ESO

0

3º ESO

4

4º ESO

12

1º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

20

1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

9

2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

6

2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

3

 

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (ED550B).

Comprende do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos).

As solicitudes de admisión (Anexo II e anexo II-bis) deben estar debidamente cubertas e asinadas por ambos proxenitores, excepto nos casos de violencia de xénero ou naqueles onde un dos proxenitores foi privado/a da patria potestade.

Ademais, coa solicitude de admisión, o/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar a seguinte documentación:

-Copia do DNI do/a alumno/a e dos seus proxenitores.

-Certificación académica do curso no que está actualmente matriculado/a o/a alumno/a solicitante.

INFORMACIÓN A TER EN CONTA

-A solicitude será única, terá carácter vinculante e a súa presentación implicará que son certos os datos indicados nela.

-Poderase presentar de forma presencial no centro docente indicado en primeiro lugar, en horario de 9:00 a 14:00,  ou preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

-Na solicitude de admisión, poderase pedir hasta seis (6) centros por orde de preferencia e alegará os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Dita solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

-Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de perda de dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

-A admisión e a matriculación nun centro docente implica respectar o seu Proxecto educativo.

-Na aplicación admisionalumnado poderán consultar:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO ALEGADOS

Cando os postos dispoñibles en admisión no centro indicado en primeiro lugar non sexan suficientes para atender todas as solicitudes, o citado centro docente abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao do remate do prazo para presentar as solicitudes  (do 21 de marzo ao 5 de abril ambos incluídos), para que as persoas interesadas presenten de forma presencial nel a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar a súa valoración e establecer unha orde de prelación.

Esta documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente. As persoas solicitantes responsabilizaranse da súa veracidade e os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

 

5.- CALENDARIO

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 25 DE ABRIL DE 2024

As familias poderán consultar as listaxes presencialmente no taboleiro de anuncios ou por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

 

PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NA ESO E BACHARELATO: DO 23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO DE 2024 (no mes de xuño indicarase na nosa web o día exacto para formalizar a matrícula por cursos).

 

6.- ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

https://www.oleiros.org/documents/39407/58962a14-eb58-7dd9-44ac-92c6ed33d5b9

 

7.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS E NORMATIVA QUE OS REGULA

TRANSPORTE ESCOLAR

-Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do Transporte Escolar (DOG 09/07/1986)

-Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

-Orde do 29 de xullo de 1988 pola que se establece a sinalización que deberán levar os autobuses que realizan transporte escolar nos centros de ensinanzas de titularidade pública.

-Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte escolar e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG 09/01/1990).

-Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia.

 

COMEDOR ESCOLAR.

A ANPA Miguel Hernández, ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”

O servizo de comedor, que ofrece a cantina e que conta con cociña propia, é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001.

O servizo funciona de luns a venres, de setembro a xuño en horario de 14:10h a 15h.

Os luns hai vixilancia ata as 16:20. Os martes, mércores, xoves e venres o servizo de vixilancia remata ás 15h e non hai servizo de autobús escolar.

COMO PROMOVER UN USO SEGURO E SAUDABLE DA TECNOLOXÍA NA INFANCIA E ADOLESCENCIA

As ANPAs dos centros de ensino, en colaboración co Concello de Oleiros, presentan unha charla-obradoiro para toda a comunidade educativa que será impartida polo experto en mocidade e adiccións, Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía social e profesor da USC.

Cubrir formulario para aforo:

https://forms.gle/ZuWRzBhhTcMueQU18

 

Distribuir contido


by Dr. Radut