Eles son só unha pequena representación dos alumnos que participaron dalgunha maneira na II Edición da "Carrera de la Luz". Cada un buscou o seu sitio: algúns correron, outros participaron cun dorsal 0, a outros os vistes no gardarroupa, na gardería, axudando aos pais co chocolate, desenvolvendo o sorteo de premios, entregando dorsais ou no punto de avituallamiento.
Despedimos esta Edición da "Carrera de la Luz" facéndolles unha homenaxe porque os alumnos sempre son e serán os protagonistas de calquera bo proxecto educativo que desenvolva unha escola. Todos os corredores que formalizastes as vosas inscricións, todas as empresas que fixeron achegas, todos os que dalgunha maneira colaborastes, conseguísteis enviar 3.282 euros a Nepal pero, o máis importante, é que colaborastes na trasmisión duns valores aos nosos novos alumnos: a implicación e participación directa en accións solidarias aínda que as cousas non saian tan perfectas como a todos gustaríavos, a importancia de valorar as necesidades dos demais e valorar o que se ten, a importancia de participar sen a presión de ser o gañador. Por un día, imos permitirnos ir en contra das "normas" da sociedade na que vivimos, imos tentar conseguir algo todos xuntos, chegando á meta de primeiros ou de últimos, cada un dunha maneira, sen competencia. Todos temos capacidade para levar "LUZ".
Ata a próxima edición.