O mércores 30 de maio o alumnado de 1º A de bacharelato asistiu a un taller práctico de biomedicina impartido nos laboratorios da DOMUS. O obxectivo do mesmo era participar na investigación iniciada poloInstituto de Investigación da Sida IrsiCaixa, para desenvolver unha vacina contra o VIH.
Os nosos estudantes comprenderon que para desenvolver unha vacina fai falla que o antíxeno candidato (neste caso proteína pertencente ao VIH) cumpra tres requisitos fundamentais:
Capacidade inmunoxénica comprobada.
Que sexa unha proteína importante no ciclo replicativo do virus.
E por último que sexa universal.
Centrándonos neste último requisito, os nosos incipientes investigadores de 1º de bacharelato analizaron unha rexión do ADN da variante europea, asiática e africana do VIH, que fabricaba a hipotética proteína coa que elaborar a vacina; a fin de determinar, mediante o uso de técnicas moleculares a homoxeneidade e, polo tanto, universalidade de dita secuencia.
Para tal fin realizaron técnicas como a dixestión do ADN con enzimas de restricción, electroforese dos fragmentos en xel de agarosa e visualización por ultravioleta do patrón de dixestión obtido para cada variante.
Trala análise dos resultados foron quen de extraer as súas conclusións científicas.
Parabéns a todo o alumado pola vosa implicación nesta experiencia e grazas ao persoal da DOMUS que tan amablemente nos acolleu!