Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Viaxando pola noite

No IES Miraflores quixemos este ano facerlle unha homenaxe a Xabier P. Docampo, que tanto se preocupou e ocupou da boa literatura xuvenil galega. O venres antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1ESO asistiu á representación de Viaxando pola noite, actividade proposta pola Rede de Bibliotecas Municipais. O actor coruñés Ramiro Neira deulle voz a varias historias escritas por Xabier P. Docampo no libro Cando petan na porta pola noite, libro do que os rapaces e rapazas leran con anterioridade o prólogo e un anaco do Cumpremortes, conto para o que inventaron un desenlace. Ramiro Neira faloulles de Xabier P. Docampo, a quen coñeceu persoalmente, e destacou que era fascinante escoitalo contar historias. Na foto, Ramiro posa con nós e co cartel que fixemos para lembrar a Xabier.

Visita ao Castelo de Pambre e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes

O 21 de maio os alumnos e alumnas de 2º ESO fixeron unha excursión para coñecer dous enclaves moi destacados da historia medieval de Galicia. Pola mañá visitaron o Castelo de Pambre, no concello de Palas de Rei, onde puideron aprender como eran os castelos na Idade Media e disfrutar das magníficas vistas desde unha das poucas fortalezas que non foi destruída pola Revolta Irmandiña no século XV. Pola tarde tocoulle o turno ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde coñeceron un pouco mellor como era a vida dos monxes medievais. E, por suposto, tamén houbo tempo para o lecer e os xogos nestes marcos incomparables.


Grazas a todos e todas pola vosa participación!!

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

Forma de presentación:

  • Presencialmente: cubrindo o Anexo I e II e presentando a documentación no centro
  • Por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia

DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 DE XUÑO 2019

 

Taller "Elaboración de novos fármacos" na Domus

O 14 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato que cursa as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica visitou o laboratorio aberto da Domus na cidade da Coruña.

A actividade que realizaron consistiu nun taller práctico sobre o proceso de desenvolvemento dun novo fármaco para o tratamento do Parkinson, que actualmente están a desenvolver científicos da Plataforma de Química Combinatoria do Parque Científico Barcelona.

Os nosos alumnos convertéronse en científicos por un día realizando este experimento en 3 etapas: levaron a cabo unha reacción química entre os principios activos que forman parte do novo medicamento, illaron o produto por filtración ao baleiro, e por último caracterizon o produto obtido mediante cromatografía en capa fina utilizando unha lámpada de luz ultravioleta.

Parabéns a todos pola atención prestada e excelente comportamento!

 

Letras Galegas 2019."Antón Fraguas: A memoria dun pobo".

O martes 14 de maio, o alumnado do IES Miraflores desde 2 ESO a 1 BACH asistiu nas Torres de Santa Cruz a unha charla sobre Antón Fraguas.

O actor, director de teatro, contador de contos e guionista Ramiro Neira foi o encargado de dar a coñecer aos rapaces e rapazas a figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

A actividade estaba organizada polo Concello de Oleiros en colaboración co departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización do noso centro.

"Concurso sobremesas francesas"

O xoves 9 de maio tivo lugar o tradicional concurso de sobremesas francesas, organizado polo Departamento de Francés. Se presentaron 35 sobremesas, elaboradas por alumnos de francés de 3º, 4º de ESO e de 1º de BAC.

Salientamos e agradecemos a participación de todos, aínda que se estableceron premios para os 3 mellores. 

 

 

Os manuscritos na Idade Media

"A finais do mes de abril os alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Miraflores convertéronse por uns días en copistas e miniaturistas medievais e realizaron magníficos cadernillos, seguindo a mesma técnica empregada na produción dos manuscritos na Idade Media. A continuación e con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, os traballos foron expostos xunto á biblioteca, nun espazo que recrea como sería un escritorio medieval, baixo o lema "Facendo un manuscrito medieval".

A actividade levouse a cabo no seo da materia de Xeografía e Historia e deu como resultado a elaboración de cadernillos coidadosamente escritos e maxistralmente decorados, que demostran as grandes dotes creativas do noso alumnado! Noraboa a todos e todas polo traballo feito!"

Charla-coloquio sobre o libro Campus Morte

O pasado martes 30 de abril, o alumnado de 1 Bach tivo o privilexio de poder charlar con Lito Vila Baleato, sobre o seu libro Campus Morte.

Chegado directamente de Alemania onde imparte clases de español nun centro de Secundaria, compartiu cos rapaces e rapazas as súas experiencias como docente no estranxeiro e como recén estreado novelista.

Desexamos que continúe escribindo e que nos regale novas historias coas que entreternos...

A actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.

VISITA A PULL AND BEAR

 

O alumnado de Economía da Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º Bacharelato tivo ocasión de participar na mañá do venres 26, nunha visita guiada á sede e centro loxístico que a empresa Pull & Bear ten no concello de Narón.

A actividade comezou coa visita ó centro loxístico, no que tivemos ocasión de coñecer como dende ese lugar son distribuídas as prendas da marca por todo o mundo, como os robots realizan operacións de almacenaxe, ou cales son os controis de calidade que pasan as prendas antes de chegaren ós consumidores.

Posteriormente visitamos as oficinas centrais dende as que se dirixe a empresa e se desenvolven as distintas actividades de xestión como deseño, marketing, finanzas, etc

Distribuir contido


by Dr. Radut