Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de FondoLibros

Para consultar esta listaxe deberá acudir ao taboleiro de anuncios do instituto ou ben acceder por vía electrónica a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Os vales para a compra de material de aqueles alumnos beneficiarios e matriculados agora en xuño, poderán recollerse no instituto a partir do luns 13 de xullo.

SOLICITUDES ADMITIDAS EN 1º ESO

Segundo as instruccións da Xefatura Territorial, as solicitudes presentadas no noso centro para 1º ESO están todas admitidas.

ABAU

Premendo AQUÍ pode acceder a toda a información das ABAU

  • Convocatoria ordinaria ABAU 2020
  • Datas ABAU 2020 (Do 7 ao 9 de xullo). Horario
  • Instrucións alumnado
  • Impresos para descargar

ALEGACIÓN DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Todos aquelas persoas que presentaron a solicitude de admisión no noso centro, para 1ºESO (Sempre que non veñan dos centros adscritos de A Rabadeira e Juana de Vega, e reservasen praza no seu momento) ou 3º da ESO, e non aportaron a documentación acreditativa dos criterios do baremo, teñen dende hoxe 19 de maio de 2020 ata o 26 de maio de 2020 para presentala.

 

Documentación de interese do departamento de orientación

O Departamento de Orientación publicou diversa información de interese.

Podedes acceder a esas publicacións no apartado DEPARTAMENTOS (abaixo, á dereita), Orientación 

INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020, PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

RÉCORD DE SOLIDARIEDADE

A“IV Carreira da Luz” recadou 7.000€ para a Fundación Vicente Ferrer

O pasado venres 6 de marzo, unhas 500 persoas de todas as idades participaron na carreira popular que por cuarto ano consecutivo impulsou o noso centro.

Queremos, xa que logo, darvos as GRAZAS a todos e todas sen excepción, corredores/as, colaboradores/as, voluntarios/as, patrocinadores/as, entidades, empresas... porque sen a vosa colaboración, non sería posible levala a cabo.

Co fin de recadar fondos, promover un estilo de vida saudable e fomentar a cooperación entre as persoas, o noso instituto leva organizando dita carreira solidaria dende hai catro anos.

A pesar das inclemencias meteorolóxicas, toda a comunidade educativa desfrutou ao máximo desa noite... Diferentes actividades, (mercados solidarios, inchables, degustación de produtos caseiros con chocolate quente…) e música en directo amenizaron o evento, que acabou converténdose nunha  grande festa solidaria.

O obxectivo deste ano era conseguir cartos para o Programa Hábitat, un proxecto de Desenvolvemento  Integral que se leva a cabo nas zonas máis empobrecidas do sur da India e impulsado pola Fundación Vicente Ferrer, unha ONG comprometida dende 1969 co proceso de transformación dos estados de Andhra Pradesh e Telangana.

A Fundación Vicente Ferrer, a través do programa Hábitat, aporta solucións nas zonas rurais do sudeste da India, onde viven os grupos de poboación máis vulnerables, condicionados no seu día a día a día pola situación de seca crónica que sofre a zona, e polas desigualdades sociais ás que, aínda hoxe, teñen que facer fronte.

E aí  é onde toda a comunidade educativa do IES Miraflores puxo o seu gran de area.

Os 7.000 euros recadados este ano, grazas á xenerosidade de todos vós, participantes e colaboradores, permitirá a traballadores locais e voluntarios en colaboración coa comunidade, construír tres vivendas para ofrecer un fogar seguro e digno ás persoas máis necesitadas.

A vosa solidariedade xunto  co apoio do  Concello de Oleiros, da ANPA Miguel Hernández, e das máis de 25 empresas e entidades varias  que a continuación pasamos a detallar, fixeron posible cumprir o noso reto: DAR LUZ á vida da xente que tanto o necesita…

Abanca, Banco Sabadell, Auditel, Axiña Animación, Bodegas Tábula, Cafés Oquendo, Clínica Veterinaria San Roque (Santiago), Club Fútbol Atlético San Pedro, Club Thriathlon Fogar Oleiros, CSC Sport Center Matogrande, El Estudio Yoga y Pilates (Santa Cristina), Escola Ximnasia Acordes, Estrella Galicia, Farmacia Os Regos, Feda Coruña, Finca Montesqueiro, Frutas Oubiña, Fundación Deporte Galego, Fundación HBL-Grupo JIM SPORTS, Gadisa, Galitelco, Grupo Asueto Hostelería, Hotel Balneario Compostela, Imprenta Alfonso, Isabel De Azevedo, ISOEPAN, La Salud En Tus Manos, Librería Sisargas, Lily Peluqueros, Logopeda Sofía Feás García, Luisa Valdés, Marea Pádel Surf, Panificadora Santa Cruz, joseramonpintorgallego.com, Progando, Soledad Fuentes, Urban Planet, Viajes Sierra, VITALDENT, Xestaden,  Sanesco...

 

 

Somos conscientes de que hai marxe de mellora. Tomamos nota e admitimos suxestións para vindeiras edicións... pero tamén somos conscientes de que  o obxectivo principal está máis que acadado: A SOLIDARIEDADE E O TRABALLO EN EQUIPO, unha das máximas que impera no IES Miraflores.

Moitísimas grazas a todos e todas e emplazámosvos xa á V CARREIRA DA LUZ que se celebrará o vindeiro curso 2020/2021!!!!!

Language planning

O luns 17 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH do IES Miraflores asistiron á representación teatral  dos Quinquilláns "Language Planning"  no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Trátase dunha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de "Made in Galiza" de Sechu Sende. O espectáculo destacou por ser unha montaxe participativa con carácter cómico e retranqueiro, empregando a risa como ferramenta para tratar distintos aspectos a lingua galega e do seu uso cotiá.

     

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto e o Concello de Oleiros.

Actividade 'Do fantástico ao neofantástico'

O día 14 de febreiro os alumnos/as  de 2º de BAC A e B asistiron na biblioteca Rialeda ao obradoiro " Do fantástico ao neofantástico",
unha estupenda aproximación á figura e a obra de Julio Cortázar da man da profesora e escritora María Isabel  Andrés Llamero.

Ademáis de aprender as diferencias entre os conceptos do extraño, do marabilloso, do fantástico e do neofantástico no ámbito da literartura, o alumnado tivo ocasión de elaborar breves relatos a partir de modelos de Cortázar  como "Instrucciones para llorar " e "Instrucciones para dar cuerda al reloj".
Este obradoiro, organizado polo Departamento de Lingua castelá e Literatura,  repetirase o día 28 para o alumnado de 2º de BAC A.

Agradecemos a colaboración do  profesorado acompañante e dos que se fixeron cargo das gardas.

Distribuir contido


by Dr. Radut