Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Premio de debuxo Picaso Coruñés

As alumnas Alba Echeverri, de 3ºESO-C, e Claudia Soler, de 1ºESO-A, foron gañadoras no Concuro de Debuxo organizado pola Asociación da Prensa baixo o título Picaso Coruñés.

Noraboa ás gañadoras e felicitacións a todos os participantes e ao profesorado que colaborou pola calidade dos traballos presentados.

No seguinte enlace pódese acceder a unha reportaxe sobre o Concurso

Actividade 'Disección dun corazon'

No mes de maio, todos os estudantes da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO tiveron a oportunidade de realizar unha visita á Domus para participar na actividade: "Disección dun corazón". O alumnado puido repasar os contidos xa estudados sobre a anatomía e fisioloxía deste órgano, a través dunha experiencia práctica que resultou moi motivadora.

Aproveitamos a visita para percorrer as demais exposicións que están disponibles actualmente neste museo e para realizar un kahout interactivo na exposición "Bocados".

 

Concurso de microrrelatos

Elena DJordjevic (1° BACH C) Y Ruth Torres Ávila ( 1° BACH A) han resultado ganadoras en el Concurso de MICRORRELATOS organizado por el Departamento de Lengua y Literatura, dentro del proyecto POLOS CREATIVOS.

¡ENHORABUENA POR VUESTROS TRABAJOS!

Noraboa aos finalistas da Incubadora de Sondaxes

Entre o alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de bacharelato un grupo, coa profesora María José Bargados á fronte, participou no XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O seu traballo titulado 'Rompendo o cristal da Xeración Z' foi seleccionado para a final da competición e o venres 9 de xuño deberá defendelo na Facultade de Matemáticas da USC.

Picando na seguinte imaxe podese acceder a toda a información:

SAÍDA AO INTERMAREAL

O 19 de maio, aproveitando unha baixamar de mareas vivas, o alumnado de Bioloxía de 1º Bach, acompañado por porfesorado do Dpto. Bioloxía e Educación Física desprazouse a pé ao intermareal rochoso de Bastiagueiro pequeno. Alí realizaron un traballo de caracterización do medio físico, un "bioblitz" (identificación e rexistro das diferentes especies detectadas na contorna) e un estudo da zonación dos crustáceos.

Saída ao Monte Pindo

O alumnado de Bioloxía de 1º Bacharelato, acompañado por profesorado dos Dptos de Bioloxía e Educación física, realizaron, o pasado 11 de maio un roteiro pola Contorna do Monte Pindo. O ascenso, dende o nivel do mar, en Quilmas, ata o Chan de Lourenzo, transcorreu entre diferentes hábitats onde o alumnado realizou un traballo de identificación de especies endémicas e protexidas, así como de especies invasoras. Ao longo da intensa camiñata observamos orquídeas autóctonas, réptiles e anfibios endémicos e múltiples exemplos de interacción planta-animal e planta-planta.

CHARLA E SAÍDA AO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

Os pasados días 12 e 15 de maio os alumnos de Bioloxía de 4 ESO realizaron sendas visitas ao PN Corrubedo acompañados por profesorado dos Dptos de Bioloxía e Educación Física. Antes da saída recibimos na aula ao ambientalista Ángel Prieto quen, nunha conversa co alumnado, presentou os valores e a importancia do Espazo. Xa na saida, acompañados polos expertos do CEIDA Laura Calvo, na primeira visita e Jorge Gude, na segunda, poidemos observar a aprender sobre o terreo acerca da biodiversidade e dos valores culturais sociais e ambientais da zona. O alumnado, coa axuda dos técnicos, profesores e empregando apps de identificación de flora, levantaron un extenso inventario da diversidade biolóxica observada.

 

Donas de si

Concurso de sobremesas francesas

O venres 12 de maio celebrouse o Concurso de Sobremesas Francesas con un gran éxito tanto de participación como de colaboradores/xurado.

O gañador foi o número 5: Gäteau arc-en-ciel

En segundo e terceiro lugar quedaron os postres 6 (Éclairs à la crème et au chocolat) e 8 (Nids au nutella)

 Noraboa a todos os participantes por endulzarnos tan ben o venres.

Vistia CITEEC 2ºESO

Os pasados días 8 e 10 de maio, o alumnado da 2º ESO tivo a posibilidade de visitar o Centro de Innovación Tecnolóxico da Universidade da Coruña (CITEEC).

Neste edificio atópanse laboratorios dotados cunha tecnoloxía punteira a nivel europeo e onde se realizan experimentos a pequena escala que garanten que as estruturas utilizadas posteriormente na construcción de pontes, portos, presas ou edificios cumpran con todas as garantías de seguridade.

Distribuir contido


by Dr. Radut