Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Actividade Expresión Artística do Club de Lectura de 3ºESO-PDC

O pasado venres 31 de maio, o alumnado do Club de lectura de 3º de ESO asistiu na sede de Afundación, na Coruña, á exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo”.

Puideron desfrutar do traballo de recoñecidos autores do cómic español reinterpretando o mito de Picasso artista  e das súas obras a través dunha xincana, así como da realización dun taller de robótica relacionado coas instalacións artísticas sostibles.

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cuberto o formulario de solicitude, se non tes certificado electrónico para presentalo de maneira online, podes imprimilo  e presentalo no teu centro educativo.

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

Axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Axudas para adquisición de libros de texto, material didáctico e informático, para alumnado matriculado en centros docentes dependentes do MEFPD, en Educación Primaria e Ensino Secundario Obrigatorio.

Prazo de solicitude: desde o 13 de maio de 2024 ás 09:00 ata o 25 de xullo de 2024 ás15:00

Destinatarios: alumnado matriculado no curso 2024/25 nos niveis obrigatorios de ensino (Primario e Secundario).

Importante: Non pode ser solicitada por quen xa goce dunha axuda coa mesma finalidade.

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/201853/ceuta-melilla-cidead/201853-ceuta-melilla-cidead-2024-25.html

VI Carreira da luz - Entrega da recadación á asociación PANGONO PANGONO

O luns, 13 de maio, fíxose entrega do cheque coa recadación total (6.131€) da VI Carreira da Luz á Asociación Operación Pangono Pangono, a cal irá destinada á compra dunha furgoneta para a residencia de estudantes Amaia María da Àrea 49 de Lilongwe de Malawi.

Grazas a todas as entidades colaboradoras e a todos/as os participantes por iluminar, unha vez máis, o noso proxecto de obra social que, neste caso, servirá para apoiar os labores solidarios da Asociación Operación Pangono Pangono.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR MUNCYT

Na primeira quincena de maio, o alumnado de 2º e 3º da ESO tivo a posibilidade de coñecer a través dunha visita guiada, as diferentes temáticas promovidas polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña.

No caso do alumnado de 2º ESO, a través da realización dunha xincana que lles permitiu afondar coñecementos sobre diferentes inventos correspondentes principalmente ao século XX, relacionados coas diferentes ramas científicas.

Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO, coa realización dun taller de introdución á química e o concepto de pH, onde puideron sintetizar esferificacións con alxinato de sodio.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR PLANETARIO-CASA DAS CIENCIAS

Nesta primeira quincena de maio, o alumnado de 4ºESO e 1º BACH tivo a posibilidad de realizar unha visita á Casa das Ciencias, así como ao Planetario, onde puideron gozar dunha observación "simulada" do estado actual do noso ceo nesta etapa do ano.

Se ben é certo que a maioría do alumnado xa estivera algunha vez neste espazo en etapas anteriores educativas, a visita foi de gran interés xa que os contidos impartidos en física nestes niveis, permítelle ao alumando comprender de forma máis axeitada moitas das experiencias que levaron a cabo no museo, como as explicacións recibidas polo guía do planetario.

Disección dun corazón

Ao longo deste mes o alumnado de 3º da ESO asistiu na Domus á actividade "Disección dun corazón". Nela puideron refrescar os seus coñecementos sobre a anatomía e o funcionamento deste órgano. Contestaron tamén un cuestionario baseado na exposición "Bocados", sobre temas de alimentación e nutrición e, o tempo restante, o adicaron a percorrer o museo e facer as actividades que resultaban do seu interese.

STEMbach - Charla do doutor Andrés Soage: Intelixencia artificial e outras prácticas

Na sesión desta semana de STEMB visitounos o Dr Enxeñeiro Manuel Andrés Soage, que nos falou das posibilidades do hidróxeno como almacen de enerxía, e comprobamos a enerxía das explosións do hidróxeno cunha práctica in situ, de como aprenden as máquinas a imitar o noso comportamento, botando unha partida a "pedra-papel-tesoiras" cunha intelixencia artificial e da simulación de comportamentos celulares con modelos matemáticos de pautas sinxelas, observando como se moven sobre unha matriz 2D ou 3D "células dixitais artificiais".

FONDOLIBROS CURSO 2024/2025.Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

RENDA IGUAL OU INFERIOR A 6.000 Є

6 LIBROS

AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 75 Є 

RENDA SUPERIOR A 6.000 Є E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 Є

4 LIBROS

AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 60 Є

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

RENDA IGUAL OU INFERIOR A 6.000 Є -— 240 Є

RENDA SUPERIOR A 6.000 Є E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 -— 180 Є

ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

6 LIBROS E  MÁXIMA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL CON INDEPENDENCIA DO NIVEL DE RENDA

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2022)

CANDO HOUBER DECLARACIÓN IRPF 2022: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

CERTIFICADO DE IMPUTACIÓN DE RENDAS SE HOUBER DECLARACIÓN.

PRAZO PRESENTACIÓN

DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DE 2024.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Anexo I (SOLICITUDE)

Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)

Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorciosentenza xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia.

Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

PRESENTACIÓN

PREFERIBLEMENTE por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED330B) dispoñible na aplicación “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE

Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar o artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar.

A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria  a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro.

A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado.

O alumnado que repita 4º ESO no curso 2024/2025 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACION DAS LISTAXES PROVISIONAIS

12 DE XULLO DE  2024

PUBLICACION DAS LISTAXES DEFINITIVAS

26 DE XULLO DE 2024

 

Actividade Expresión Artística 4ºESO

O día 15 de maio Nina Hernández, da productora audiovisual Portocabo, veu ao centro a falar do seu traballo ao alumnado de Expresión Artística de 4ºESO.

Tamén vimos a curtametraxe 'Elas, productoras executivas' para visualizar a presenza da muller no audiovisual galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut