Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2012-2013

Xogando, escalando, patinando, esquiando...

O profesorado de EF estamos moi satisfeitos co compromiso e implicación do alumnado nas actividades complementarias de EF. Seguimos a potenciar os RECREOS ACTIVOS con torneos que organizan os propios alumn@s.

Comezamos a competición INTERCENTROS nas modalidades de FÚTBOL e BALONMÁN. Como sempre dando moi boa impresión os equpos de Zalaeta, pola entrega e loita sen tregua, por estar sempre dispostos a superarnos.

Para despedir o trimestre o alumnado de 1º da ESO vai asistir a unha conferencia "O UNIVERSO DA MONTAÑA"  e iremos facer ESCALADA EN ROCÓDROMO. Os de 2º ciclo van facer PATINAXE SOBRE XEO.

Estamos cos preparativos para o cursiño de SNOW-ESQUÍ que imos facer en Astún  e as enquisas de valoración que imos facer a volta.  Aquí podes ler lendas e historias dos Pirineos.  Interesarte polo vocabulario de esquí en inglés. Cal é o teu nivel de esquí ou snow?

Por ESO, por seguir achegando o deporte aos moz@s seguimos MOVÉNDONOS!

Para seguir as andainas dos nosos alumn@s, o noso blog de EF:

http://movendocu.blogspot.com.es/


(Nese arquivo adxunto de abaixo podedes ver os conceptos teórico-prácticos básicos destes deportes de neve)

  


 

Meracadillo de intercambio de Nadal


Este proxecto, levado a cabo polo departamento de Comercio dentro da Axenda 21 e do Plan Proxecta, é  un mercadillo, e o seu espíritu é o da sostibilidade: intercambiar, reutilizar e reciclar.
Hai que traer algo, entregalo na aula A-B (Biblioteca) onde o alumnado daralle una clasificación cunha pegatina,  e poderá ser intercambiado por un obxecto con una pegatina do mesmo cor.
Ao final do mercadillo todas as doazóns serán recollidas por una O.N.G.

Días 20 e 21 de decembro na aula A-B


Visita á Facultade de Ciencias da UDC

18/12/2012 00:30
18/12/2012 13:00
Etc/GMT+1


Martes, 18 de decembro

Alumnado de:

  • Física de 2º Bacharelato.
  • Química de 2º de Bacharelato

Hora de saída: 9:30 h.
Hora de regreso: 13:00 h.

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Ramón Vilalta López.


Asistencia ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia

13/12/2012 10:00
13/12/2012 12:00
Etc/GMT+1


Xoves, 13 de decembro

Alumnado de:

CURSO: 4º de ESO

GRUPOS: B, C e D

Hora de saída: 10:00 h.
Hora de regreso: 12:00 h.

Actividade: Asistencia ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera.

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Isabel de la Puente Vaquero.


Noite Bohemia en León


 

  Noite Bohemia foi a León, invitada pola "Sociedad Española de Estudios Clásicos" de León a representar Aulularia e Electra, en dúas actuacións de cada unha o mesmo día, debido á gran afluencia de público, cunha media de máis de trescentas persoas por cada representación.
O obxectivo é afianzar o circuíto de actuacións da compañía na metade noroeste da península, onde en moitas cidades con gran interese en grecolatino e teatro clásico non teñen compañías ás que recorrer.
Tratáronnos moi ben tanto a organización como o excelente publico do que dispuxemos, que se riu a gargalladas con Aulularia e emocionouse con Electra.

Máis información en www.noitebohemia.com




Visita ao Parque de Sotavento

21/11/2012 00:30
21/11/2012 15:00
Etc/GMT+1

Mércores, 21 de novembro

Alumnado de:

  • Tecnoloxía e Ciencias Medioambientais de  4º de ESO
  • Teccnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato

Hora de saída: 8:30 h.
Hora de regreso: 15:00 h.

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Ramón Vilalta e Paz Freire.

Folleto informativo

visita a Sotavento

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer