Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2011-2012

Chegou a primavera...Semana grande da ESGRIMA

En Zaleta ofertamos para toda a comunidade educativa unha actividade extraescolar enormemente interdisciplinaria ou integradora de todos os saberes e competencias: 

ESGRIMA DEPORTIVA, HISTÓRICA E ESCÉNICA en Zalaeta.

Queremos que veñades probar de que vai isto...


Aquí podedes ver un pequeno video do rico recreo con recreación histórica


 Cunha pincelada da charla de Ton Puey; o profesor de esgrima histórica en Zalaeta, cos seus axudantes Jorge e Manuel, que escenificaban as explicacións. Eles son membros activos da AGEA (Asociación Galega de Esgrima Antigua)

http://agea.110mb.com/?AGEA/Membros


Dime con quen BAILAS...?

Algúns que non gozaban bailando...foron quen de crear un baile en grupo e sentirse satisfeit@s; co sentimento gratificante de responsabilidade asumida e de reto superado.

"SOAMENTE CANDO APRENDAMOS A AMAR O QUE SOMOS APRECIAREMOS O QUE FACEMOS"

Aprender a bailar é algo físico, pero tamén ten un compoñente afectivo e social. Para bailar hai que ser bos compañeir@s, creativos, tedes que axudarvos, sendo amables, xenerosos, aceptando as suxestións dos demais, creando un clima de confianza, sorrirvos; un sorriso pode ser un reforzo positivo altamente estimulante. O baile é unha maneira de botar para fora complexos, de formarvos unha boa autoimaxe. A seguir bailando e superándovos!

Esoo 1º!

Esoo 1 y 2º!

                  Esoo 4º!                        

Visita á Domus: 3º ESO - A e B

27/03/2012 16:20
27/03/2012 18:00
Etc/GMT+1

 


O alumnado de ESO - 3º A e B visitará a Domus o MARTES, 27 de marzo.

Hora de saída do instituto: 16.20 h.
Hora de volta: 18.00 h. aproximadamente.

Organiza: Departamento de Bioloxía


Gran estreo de Noite Bohemia. "El perro del hortelano"

 


   Non volo perdades, temos que estar aí, apoiando e animando

 


Calendario de representacións de teatro


Logo Compañia de teatro Noite Bohemia

As nosas Compañías de teatro Noite Bohemia e Lusco e Fusco realizarán varias representacións en distintos lugares da cidade e arredores.

Se queres ver o calendario de representacións preme aquí.


Visita a Galopín e a Porto Muiños


     Visita a Galopin e Porto Muiños

O día 2 de Febreiro os nosos alumnos de 1º de C. Internacional e de X. Comercial e Marketing, acompañados de Juan Carracedo e María Garrido, foron de visita a Cerceda para visitar duas empresas: GALOPIN (dedicada á distribución de parques infantís e parques para maiores deseñando eles os espacios e os tipos de xogos segundo as necesidades dos clientes), e PORTO MUIÑOS (dedicada á elaboración de produtos con algas, setas, ourizos,..., todo delicatesen. Ademáis teñen un aula de cociña onde experimentan os maridaxes de ingredientes)

En GALOPIN fixemos un percorrido polas instalacións ao mesmo tempo que nos ían contando o seu facer na empresa, a sua preocupación por preservar o medio ambiente, a promoción do medio rural e o desenrolo sostible, asi como a sua preocupación por atender nos seus produtos a os nenos discapacitados ou con limitacións.

En PORTO MUIÑOS tamén fixemos un percorrido polas instalacións da empresa e logo Rosa Mirás falounos de como foron os inicios da empresa, a sua internacionalización, e a súa constante búsqueda de produtos e maridaxes novos. Son ademáis uns divulgadores das cualidades das algas. Ultimamente están investigando para sacar unha línea de cosmética. Finalmente regalaronnos a cada un  un dos seus ricos produtos (arroz meloso con algas wakame !qué rico!)

Duas pequenas empresas, exitosas,  innovadoras, que investigan continuamente novos produtos, internacionalizadas e preocupadas polo medio ambiente. Unha visita moi interesante.


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer