Punto Laranxa contra o acoso escolar

Visita a Galopín e a Porto Muiños


     Visita a Galopin e Porto Muiños

O día 2 de Febreiro os nosos alumnos de 1º de C. Internacional e de X. Comercial e Marketing, acompañados de Juan Carracedo e María Garrido, foron de visita a Cerceda para visitar duas empresas: GALOPIN (dedicada á distribución de parques infantís e parques para maiores deseñando eles os espacios e os tipos de xogos segundo as necesidades dos clientes), e PORTO MUIÑOS (dedicada á elaboración de produtos con algas, setas, ourizos,..., todo delicatesen. Ademáis teñen un aula de cociña onde experimentan os maridaxes de ingredientes)

En GALOPIN fixemos un percorrido polas instalacións ao mesmo tempo que nos ían contando o seu facer na empresa, a sua preocupación por preservar o medio ambiente, a promoción do medio rural e o desenrolo sostible, asi como a sua preocupación por atender nos seus produtos a os nenos discapacitados ou con limitacións.

En PORTO MUIÑOS tamén fixemos un percorrido polas instalacións da empresa e logo Rosa Mirás falounos de como foron os inicios da empresa, a sua internacionalización, e a súa constante búsqueda de produtos e maridaxes novos. Son ademáis uns divulgadores das cualidades das algas. Ultimamente están investigando para sacar unha línea de cosmética. Finalmente regalaronnos a cada un  un dos seus ricos produtos (arroz meloso con algas wakame !qué rico!)

Duas pequenas empresas, exitosas,  innovadoras, que investigan continuamente novos produtos, internacionalizadas e preocupadas polo medio ambiente. Unha visita moi interesante.


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer