Punto Laranxa contra o acoso escolar

Alabaila

O venres antes do spring break, no salón de actos celebróuse a I Gala ALABAILA, onde o xurado, por certo sobornado,  outorgou o 1º premio á proposta escénica: "REVOLUTION".

Os alí presentes vivimos un ambiente moi bonito e rímonos moitisimo, facendo toda unha declaración de principios.

Podedes ver o acontecido, e escoitalo, no blogue Movendo o cú.

Non vos perdades a Xiana Saborido de 4ªB da ESO, interpretando Aromas da terra de Gaudi Galego

Iso si que é bailar!!  É un bo exemplo a imitar!! enormes os monólogos de Nacho, Pedro e Lois, e @s nosos intérpretes.

PARABENS A TO@S!!!!!! e Grazas pola vosa implicación e saber facer; bailar é unha chulada.

Eclipse de Sol

 

O vindeiro venres 20 de marzo, celebremos a chegada do equinocio de primavera!!!! vivindo un acontecemento astronómico de grande interese unha eclipse de sol.
un grupiño imos sair andando para ir xunt@s. A quedada é na fonte dos surfeiros as 8:30
se ides velo pola vosa conta: NON SE VOS OCURRA MIRAR AO SOL DIRECTAMENTE!!!!!!


Adxuntamos nota informativa da agrupación astronómica Io sobre a eclipse de Sol con información sobre a mesma e sobre todo consellos para a súa observación con seguridade. É importante insistir no grave perigo que supón mirar o Sol de forma directa, polo que recomendamos sempre a observación da eclipse por métodos indirectos. Trátase de mirar a eclipse, non de mirar o Sol!
http://agrupacionio.com/a-agrupacion-astronomica-corunesa-io-e-a-casa-das-ciencias-convocan-unha-observacion-publica-da-eclipse-de-sol/

Poderías ser calquer.

O xoves, 5 de marzo no salón de actos tivemos unha charla sobre cómo inflúen os nosos actos na mellora do mundo e cómo podemos melloralo, os que nos fixeron este agasallo foron un senegalés que relatou a súa aventura na procura dunha vida mellor e unha voluntaria da ONG "Miradas ao mundo". O alumnado que comparteu este rato foron os grupos A e B de 2º de ESO e un grupo de 3º .

O noso desexo é que a charla prendese nas conciencias de todos, para que todos "cultivemos o mellor de nós mesmos".

Até as vacacións de Semana Santa tedes tempo de facer doazóns para esta ONG ( material escolar que pese pouco), entregade aos profes: José Antonio Tizón ou Almudena García

PARLAMENTO XOVE. 27 E 28 DE FEBREIRO

O equipo de debate composto polos estudantes de 1º de bac:

 

REBECA CHOUSA, PAULA GONZÁLEZ, NICOLÁS GIRÁLDEZ e FRANCISCO PEDREIRA e as profesoras:

ANA L.FORMOSO e ALMUDENA GARCÍA

 

Participaron os días 27 e 28 no Pazo de Mariñán na competición "Parlamento Xove".

O tema do debate era: "Hai que estender a maioría de idade aos 16 anos?"

O noso equipo non pasou á final, pero mereceú unha mención especial.

PARABÉNS POLO SABER SER, ESTAR, DEBATER E O ESPÍRITO DEPORTIVO DO EQUIPO, que será recibido o luns 2 no primeiro recreo no despacho do director.

 

Determinan os hábitos e rendimento académico?

Determinan os hábitos de mozas e mozos o seu rendimento académico"?

Boa pergunta. En todo o caso foi un pracer apoiar o noso grupiño de valentes, que participaron no debate escolar organizado polo Concello da Coruña os días 20 e 23 de Febreiro no IES Paseo das Pontes:
1ºB: Capitaneados por Inés Carrión, Mateo Hombre, Eva Júdenes, Inés Fernández e David Cancela
2ºC : Capitaneados por Cecilia Roás, Diego Carracedo, Carmen García, Paula Pérez, Noelia Pazos
2ºA : Capitaneados por Pablo Trabazo, Marta Pernás, Rosalía Aradas, Nicolás Vázquez e Marta García

Por que deberíamos traballar por competencias?
Que melloramos co hábito de debatir?

  • Analizar a información e lectura comprensiva
  • Aprender a escoitar de forma crítica
  • Aprender a expresar oralmente e de forma idónea o pensamiento propio
  • Adquirir capacidade argumentativa
  • Conseguir fluidez na expresión oral
  • Adquirir dominio da comunicación non verbal
  • Aprender a traballar en equipo
  • Practicar a asertividade
  • Adquirir valores como o respecto e a tolerancia ante a discrepancia nas ideas
Tod@s os participantes recoñecen que foi unha experiencia altamente satisfactoria Tod@s souberon estar a altura das circunstancias, merecen ser apoiados, valorados e recoñecid@s.

ALERTA por ioga

As autoridades sanitarias alertan de que facer ioga e bailar producen efectos secundarios: aumentan a xenialidade, a felicidade e o "sex-appeal" en xeral ... ja,ja". 

 

Veña move o cú!!,  os martes as 18:00 tes a Álex cun grupiño esperándote

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer