Os alumnos de 2º de Bacharelato celebraron a súa graduación.
Máis fotos en galería.
Os alumnos que traballaron no proxecto organizaronse en grupos participando en todas as tarefas, traballando en departamentos como nunha empresa real.
Publicado en La Opinión: enlace
O Departamento de Bioloxía está aproveitando a Semana da Froita no Instituto para traballar co composteiro que acabamos de colocar ao lado da nosa horta. Organizan a actividade, recollen os restos, removen todo e... xa veremos. A cousa ten máis Ciencia do que parece.
Na semana do 2 ao 6 de maio, 5 alumnos de 1ºBAC e dous profesores viaxaron até Chequia para levar a cabo as actividades do programa Erasmus previstas para esta estancia. Visitaron Praga un par de días desde a localidade onde residían e se atopaban, a 45 minutos da capital checa. Os alummnos fixeron exposicións en inglés ante as delegacións dos outros países, traballos de equipo internacionais, xogos en grupo e aprenderon moito sobre os costumes dos diferentes estados que alí estaban representados. Organizou e dirixiu a actividade Manuel Recioy, Secretario do Centro e profesor do Departamento de Inglés.
Máis información: PROXECTOS EUROPEOS
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer