Por terceiro ano, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro convoca o concurso do
#Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2021/2022.
Nesta ocasión queremos celebrar o centenario da Xeración Nós, e que o NÓS represente a toda a nosa comunidade e a tan ansiada volta á normalidade. Porque xuntos e xuntas somos máis fortes e mellores, queremos voltar con forza!
Por iso, os cancelos deste ano teñen que conter a palabra NÓS e ao tempo amosar a unión e o espírito zalaético que nos representan!
Haberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
Cada persoa pode aportar dous
#zalacancelos, a través do correo electrónico
edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
Prazo para participar: ata o luns 8 de novembro.
O 11 de novembro publicaranse os dous finalistas para cada categoría.
A votación realizarase o venres 12 a través de Instagram Stories.
Premio: un vale de 30 euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.
Participa!!