Hai uns días parte do alumnado de 1° BAC desfrutou dunha conferencia sobre "A guerra e o seu relato na arte contemporánea galega" da man de Rosario Sarmiento, unha persoa especializada na difusión da arte e cun currículo importante como comisaria de diferentes exposicións.
Un verdadeiro luxo do que o alumnado desfrutou, coas medidas axeitadas, na súa propia aula.