Á entrada e saída do centro, será obrigatorio para todas as persoas (persoal do centro, familias e visitantes) realizar a hixiene de mans empregando a solución hidro alcohólica colocada na entrada.
É obrigatorio usar máscara de protección en todo momento.
Gardarase a distancia de seguridade de 1,5 metros coas demais persoas.
O alumnado acudirá ao centro xusto na hora que lle corresponde realizar o exame. En caso de ter varios exames e ter que esperar estará nunha aula habilitada con profesorado de garda.
O alumnado levará todo o material necesario para o exame.
Non se pode compartir material de uso propio cos compañeiros/as.
O acceso á aula realizarase circulando sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade de 1.5m.
Unha vez dentro da aula, o alumnado deberá facer uso da máscara en todo momento e, con carácter xeral, debe permanecer no mesmo sitio durante todo o exame.
Unha vez rematado o exame o alumnado debe abandonar o centro, non podendo quedar polos corredores, patios, etc.
O uso adicional de viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas que voluntariamente as usen.
Considerase pouco recomendable, pola falsa seguridade que pode transmitir, o uso de luvas.
En cada aula habilitarase:
Un dispensador de solución hidroalcohólica que se deberá usar cada vez que se acceda.
Papel desbotable e solución desinfectante para proceder á limpeza dos postos de traballo se fose necesario.
Papeleira de pedal con tapa para todos aqueles materiais empregados na limpeza, hixiene e/ou desinfección (papeis, panos, máscaras…).