Con data 25 de xuño publícase no taboleiro do Concello da Coruña a información relativa á concesión das axudas municipais:
- Listaxe de solicitudes
- Listaxe de subsanación de documentación
Prazo de presentación da documentación para a subsanación: do 25 de xuño ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
Día de celebración para o alumnado de 2.° de Bacharelato, cun acto de graduación no Paraninfo da UDC que serviu para poñer o broche de ouro a seis cursos de experiencias compartidas. Parabéns e moitos éxitos na nova etapa que agora comeza!!!
Dentro das actividades previstas no Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, o alumnado de 1.º da ESO desfrutou dun taller de habilidades impartido pola Xefatura provincial de tráfico da Coruña. Fixeron varios circuítos con bicicletas e aprenderon moitas cousas para moverse en bici de forma segura.
O pasado mércores día 22 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato e de 1º de ciclo medio de Actividades Comerciais desfrutou dun Escape Room coa DGT e a Xefatura provincial de tráfico da Coruña. Pasaron unha sesión moi divertida aprendendo moitas cousas, nunha actividade que se enmarca dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura.
Os e as profes do centro tamén tiveron a súa excursión particular nunha xornada de convivencia na que realizaron un roteiro desde a Praia da Fragata ata a Praia de Doniños. Posteriormente, visitaron Monteventoso e o cabo Prioriño. Magnífica xornada!
O 24 de maio fomos convidados pola Policía Local da Coruña a participar nas conmemoracións do Día da Policía Local. Na praza de María Pita o alumnado puido coñecer máis de preto o seu día a día e os seus instrumentos de traballo. Grazas polo convite!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer