Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

XORNADAS DE ORIENTACIÓN CULLEREDO

O noso centro estivo hoxe representando á familia profesional de Comercio e Márketing na Xornada de Orientación que se desenvolveu nos institutos @regodetrabe e @iesebaculleredo de Culleredo. Moitas grazas polo convite a esta xornada, agardamos que fora de proveito para o alumnado.

SpainSkills!!

Desde a delegación galega das #SpainSkills Madrid recibimos esta imaxe dos nosos e das nosas representantes na competición para as diferentes categorías de FP. Representando ao IES Ramón Menéndez Pidal, na categoría de Escaparatismo, están Antía Fernández e a súa profesora Sol Seoane. Desexámosvos a mellor das sortes!!

INTERCAMBIO HAMBURGO

Chégannos boas novas desde Hamburgo. Envíannos esta foto desde o aeroporto de Madrid o pasado sábado. Aínda faltaban unas horiñas para chegar a Hamburgo.
Ao longo da semana desfrutarán dunha chea de actividades e de excursións, ademais de participar na vida do centro alemán, o "Gymnasium Meiendorf" :
percorridos e visitas pola cidade, viaxe a Lübeck...
Moi boa semana!

Festival de maxia no instituto

VISITA GADISA

Continúan as visitas por diferentes empresas do tecido empresarial galego. Nesta ocasión, o alumnado do ciclo superior de Comercio Internacional visitou as instalacións do centro loxístico de Gadisa en Paradela.

 

CONGRESO "LO QUE DE VERDAD IMPORTA"

O alumnado de 2.° da ESO participou hoxe no XV congreso de 'Lo que de verdad importa', celebrado en Palexco, e ao que asistiron outros centros da cidade. Nel tiveron a oportunidade de coñecer tres experiencias vitais e profesionais coas que os protagonistas intentaron transmitir a importancia da educación en valores para mellorar conxuntamente como sociedade.
 
 
 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer