ENCONTRO CON ANA ALCOLEA SERRANO

   Recibimos unha nova visita da escritora zaragozana, Ana Alcolea, o pasado 23 de febreiro. Volvemos disfrutar do momento de compartir a obra coa súa creadora na biblioteca do centro.

   Imaxes de figuriñas  africanas (con moitos e terribles poderes), tempos de escravitude, galeóns do século XIX, museos actuais...son algúns dos elementos que se mesturaron na presentación que nos fixo da obra El secreto del galeón. Poxectounas en power point e levounos da man a eses lugares nos que xa cobraran vida os personaxes da súa novela.

   Este ano o alumnado de 3º da ESO preparou unhas cartas. Transformáronse en creadores  e creadoras deses textos para que un personaxe da obra, Marina, puidese despedirse de Ramira (personaxe que, para salvala, perde a súa vida neste libro).

  Esta autora, Ana Alcolea, (agora transformada en  lectora) leu dúas desas cartas escollidas ao chou. Dixo que lle gustaran moito...

Algunhas imaxes. Pincha aquí.

Issuu do agasallo que lle preparou o alumnado.

http://issuu.com/lenguamaruxamallo/docs/creaci__ncolectivaparaalcolea

 

AdxuntoTamaño
PÁG WEB ALCOLEA.pdf482.55 KB