BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2013/14

Como sabemos que estades impacientes por empezar Guiño as profesoras, profesores e demáis membros da comunidade escolar do IES Maruxa Mallo dámosvos a benvida e esperámosvos:

- alumnado de 1º ESO: o luns 16 de setembro ás 11:00 . A presentación durará aproximadamente dúas horas e haberá transporte escolar con horario adaptado á hora de inicio e finalización desta xornada. O martes hai clase co horario habitual do centro, de 9:10 a 14:40.

- resto de alumnado da ESO: o martes 17 de setembro ás 9:10 co horario habitual do centro.

- alumnado de PCPI: o luns 23 de setembro ás 9:10 co horario habitual do centro.