NOELIA CERNADAS MÉNDEZ, premiada no concurso de novos talentos de Coca Cola, na modalidade de relato curto.

A nosa compañeira Noelia Cernadas Méndez, de 2º de ESO, conseguiu un éxito sensacional: foi premiada nun dos concursos de relato curto para institutos máis prestixiosos de España (chega con dicir que a primeira     edición deste premio tivo lugar no ano 1960).

  O acto de entrega de premios tivo lugar nun lugar excepcional: o Salón Rexio do Círculo de Belas Artes de Lugo (http://www.circulodelasartes.org/) e contou coa presenza de Valentín Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.

A continuación, podedes ver un par de fotos de Noelia co seu diploma. Noraboa!