ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 19-20

13/05/2020 12:26
Atlantic/Bermuda

Nesta ligazón poden ver as adaptacións das programacións didácticas do curso 19-20.

 

https://drive.google.com/open?id=1ZpcYgVUoZ3h9GPa2HH39GFKv-upo0w_g

 

 

Ruta en bicicleta do 20 de Xuño 2018

Como sabedes o próximo mércores 20 de Xuño faremos unha ruta en bici de montaña polos arredores do insti. A ruta será de 37 km máis ou menos. É posible que se reduza a un total de 27km ou así dependendo de varios factores que estamos a estudar.

Vaise distribuir un papel por clase para que vos anotedes e así ter unha idea de canta xente está disposta a facela.

Teremos varios puntos nos cales faremos paradas longas para descansar, beber, comer algo e incluso facer algunha outra actividade.

Se queredes ver a ruta tedes que pinchar neste enlace e descargar o arquivo e abrilo con google earth ou calquera outro programa ou app que lea arquivos kmz.

Se tedes algunha pregunta ou curiosidade preguntade a Oscar.

 

NOVIDADES NO BLOG DA BIBLIOTECA

     Este curso 2019-2020 o tema do Proxecto Lector é o CINE e os MEDIOS AUDIOVISUAIS.BLOG.

Fai click se queres botarlle unha ollada ao blog.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018 axendas

OS DA TELE ESTIVERON NO INSTITUTO

A TVG estivo no insti o pasado martes 18 de novembro para emitir en directo, dentro do programa A Revista, as actividades do Programa Igualar que estabamos facendo e que rematarán o martes 25 no recreo.

Podedes ver a emisión do programa neste link. As conexións co instituto foron no minuto 14:00 e no 26:30.

A BIBLIOTECA VAISE DE XORNADAS...

           

Moita sorte!

Esta fin de semana que vén a nosa biblioteca sae do centro para presentar o proxecto conxunto que se  traballou o curso pasado sobre cómic e banda deseñada. Será nas V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que  se celebran en Santiago.

 

TERRORÍFICO SAMAÍN

     

fai clic nunha foto para ver máis

        

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014-15

Segundo a Orde de de 13 de xuño de 2014 que aproba o calendario escolar de Galicia para o curso 2014-15, establécense os seguintes periodos vacacionais:

- Día do ensino: 31 de outubro

- Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos incluídos)

- Entroido: do 16 ao 18 de febreiro (ambos incluídos)

MOITA SORTE, JORGE!!!

Despois de moitos anos realizando barrancos de gran dificultade por diferentes partes do mundo, Jorge Núñez disponse a realizar un reto que, polo de agora, ninguen levou a cabo en solitario: descender 5 cañóns de máxima dificultade en solitario.

O reto terá lugar en Isla Reunión e desde o IES Maruxa Mallo queremos enviarlle todo o noso APOIO.

 Se queres saber máis sobre o desafío fai clic aquí.

CURSO ESCOLAR 2014-15

Esperámosvos 

- o luns 15, de 11:00 a 13:00 para a xornada de presentación se sodes alumnas ou alumnos de 1º ESO (o transporte escolar funcionará con horario adaptado)

- o martes 16, a todas e todos co horario habitual do centro.

 

   

 BENVIDOS!!!

  

 

DATAS ENTREGA NOTAS, RECLAMACIÓNS E MATRÍCULA

Entrega de notas: xoves 4 de setembro ás 10:00.

Reclamacións ás cualificacións: xoves 4 e venres 5 de setembro.

Matrícula: xoves 4 e venres 5 de setembro.

  

 

HORARIO DOS EXAMES DE SETEMBRO

No arquivo adxunto podedes consultar e descargar o horario dos exames de setembro.

Se queredes estudar nas horas libres entre os exames podedes solicitar a apertura da biblioteca en conserxería.

FESTIVAL FIN DE CURSO NO MARUXA MALLO

      teatro     discursos   audiovisuais
                       SUPEROITO     despedidas  

   orlas 

 

                  premios

   fotografías                   

 

Todas as fotos do festival na galería da nosa páxina web.

MATRÍCULA, LIBROS DE TEXTO E AXUDAS CURSO 2014/15

No apartado adminstración/secretaría desta páxina web podes acceder a toda a información sobre a matrícula para o curso 2014/15 e tamén descargar os impresos necesarios.

OLLO!!! Con data 27 de xuño foi corrixido o campo observacións do libro de Sociais de 4º ESO, que pasa de "obrigatorio" a "non mercar".

O ALUMNADO DE 2º ESO XA ESTÁ EN ASTURIAS

O alumnado de 2º ESO xa chegou a Asturias. Marcharon o luns ben cedo e a media mañá estaban en Cudillero onde fixeron a foto de grupo.

Mirade na galería, xa nos enviaron algunhas máis!!!.

Fai clic na foto para vela na galería.

Distribuir contido