O NOSO PROXECTO TEATRAL " A LITERATURA GALEGA Á ESCENA" PRIMEIRO PREMIO EN INNOVACIÓN EDUCATIVA

 

O esforzo de todo o curso tivo recoñecemento pois o noso proxecto teatral " A literatura galega á escena" recibiu o Primeiro Premio de
Innovación Educativa en Dinamización Lingüística obtendo a consideración de excelente. Así se resolveu na convocatoria de participación nos proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura,
Educación,Formación profesional e Universidades durante o curso académico 2022/23.
           Parabéns aos  participantes!
Estamos moi contentos polo premio ao traballo desenvolvido nunha actividade tan completa coma a do teatro que axuda ao desenvolvemento integral do alumnado como persoa, procura a destreza  en comunicación verbal, mellora a coordinación e a capacidade de expresión, así como potencia a creatividade e a imaxinación, ademais de fomentar a capacidade de traballo en equipo e mesmo activa asuperación e a colaboración co resto dos participantes.
Podedes seguir a representación das nosas obras  nas RRSS do noso centro! Tras a Idade Media e os Séculos Escuros chegará ao noso teatro O Rexurdimento, con Rosalía de castro como protagonista.


    


 
 
 

AdxuntoTamaño
20230329_124622 (1).jpg28.6 KB
20230331_121013 (1).jpg45.34 KB
cartel 3 (1).jpg58.62 KB
IMG_20240322_155443 (1).jpg31.91 KB

Powered by Drupal - Design by artinet