O entroido é unha data salientable na nosa provincia ourensá, tradición popular e patrimonio cultural inmaterial, debemos contribuír á súa conservación, coñecemento e transmisión. O primeiro paso para poñelo en valor é a observación das características propias e das alleas. Así que este curso, ademais das actividades propias deste tempo, cada aula preparou a orde diaria do famoso meco. Acompañou a estas ordes escritas nun papel e colgadas no meco un discurso ( coherente pero disparatado!) argumentando o por que desas ordes e o deber de todos de cumprilas sen protestar. Estamos no Entroido!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Screenshot_20230604_213354_Instagram.jpg | 26.92 KB |
Screenshot_20230604_213341_Instagram.jpg | 35.36 KB |