Co Patrocinio da Xunta de Galicia, celebrouse este XXXI Rally Matemático 2023.
Está destinado aos estudantes dos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º ou 4º de Matemáticas da ESO; en grupos de 8 alumnos e alumnas (pertencentes á mesma clase), agás que participe toda a clase e non sexa posible que todos os grupos sexan de 8 participantes.
Os premios serán semellantes aos desenvolvidos nos últimos 31 anos. Libros para os 3 primeiros grupos clasificados e a viaxe correspondente para o equipo gañador de cada curso. Os detalles da viaxe ultimaranse co profesorado dos equipos gañadores.
Os obxectivos son:
- Promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes.
- Demostrar que non están reservados para unha elite, que son atractivos e accesibles para todos.
- Propiciar a resolución colaborativa de problemas.