O ALUMNADO DE 2º BAC LEVOU A CABO UNHA PRÁCTICA DE LABORATORIO DISECCIONANDO DIFERENTES CEREBROS
O alumnado de Psicoloxía de 2º BAC realizou o xoves 15 de decembro unha disección de cerebros de vaca, porco e año no laboratorio, coa colaboración do profesorado dos Departamentos de Filosofía e Bioloxía.
Para a disección empregáronse un par de cerebros de cada animal, estando un deles cocido e outro ao natural, para comprobar as diferenzas entre eles.
Nesta actividade, realizada despois de explicar e traballar na materia de Psicoloxía as distintas partes e funcións do encéfalo e o sistema nervioso, o alumnado puido recoñecer estruturas cerebrais como a substancia gris e a substancia branca, o bulbo raquídeo, o cerebelo, o corpo caloso ou a cortiza cerebral, comprobando as semellanzas existentes entre o encéfalo humano e o encéfalo destes animais.
Deixámosvos fotografías de diferentes momento das actividades.