RESULTADOS DO CONCURSO ESCOLAR "CIBERSEGURIDADE NO COLE!"

O alumnado de 2º ESO do IES Martaguisela participou na segunda edición do concurso escolar “CIBERSEGURIDADE NO COLE”.

O mércores, 20 de outubro, os alumnos de 2º de ESO A e B participaron neste concurso OnLine, competindo contra máis de 30 centros de toda Galicia, para un total de 70 equipos.

As preguntas do concurso versaban sobre os perigos de internet e as medidas que como usuarios debemos ter en conta para un uso responsable desta rede.

Os nosos equipos quedaron nas posicións 5ª e 13ª (2º de ESO A e 2º de ESO B respectivamente).

Unha pena que só os tres primeiros pasaron á final, que se celebrará en Santiago de Compostela.

Felicidades os participantes polo concurso e pola boa imaxe que sempre deixades do Centro.

 Deixámosvos algunhas fotografías dos alumnos durante o concurso.

 

Powered by Drupal - Design by artinet