Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración co equipo de Dinamización de Lingua Galega, charlamos con Lorena Gil Cerezales que foi alumna do noso instituto e actualmente é enxeñeira no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.
Con esta conversa queremos visibilizar determinadas carreiras universitarias para romper cos estereotipos tradicionais, xa que é importante que as nosas rapazas estean tamén no ámbito STEM e ao mesmo tempo que o noso alumnado de 1º e 2º BAC teña unha información directa acerca desta carreira universitaria.
Podedes ler a conversa na revista do centro IES MARTAGUISELA.