Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes actividades co alumnado da ESO.
Entre os días 21 de febreiro e 6 de marzo de 2022 tivemos a ocasión de contemplar no noso centro educativo a exposición fotográfica “Express-Arte” na que a través de 15 cadros o alumnado puido observar unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Esta exposición foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucense (AXEL).
A partir desta extraordinaria exposición o noso alumnado de 2º, 3º e 4º ESO quixo expresarse a través da arte e realizou unha actividade de imitación de cadros e/ou fotografías de personaxes femininos coa que realizamos á entrada do instituto unha exposición durante todo o mes de xuño.
Veredes como deixaron voar a súa imaxinación e a súa creatividade.
Parabéns rapazas e rapaces polo voso gran traballo.
Deixámosvos algunhas fotografías da exposición e dos traballos do alumnado.